
Este proxecto pretende ligar a produción das lonxas da ría Ferrol cos puntos de consumo máis importantes (o sector da restauración do Concello de Narón) a través dun programa baseado eminentemente na divulgación da gastronomía.
Poñer en valor a "Anguía do Xubia", que ten unha importante tradición nesta zona e mostrar a utilidade e as posibilidades deste produto a través dos establecementos hostaleiros, complementándose cos recursos básicos para o turismo, gastronomía e outros recursos locais (náutico-recreativos, culturais....)
Todas as accións que se realizan neste proxecto terán como base e estarán apoiadas polas novas tecnoloxías. Dinamización da zona local.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Ligar a produción das lonxas da ría de Ferrol cos puntos de consumo máis importantes (o sector da restauración do Concello de Narón) a través dun programa de divulgación da gastronomía. Poñer en valor a "Anguía do Xuvia" cunha importante tradición na zona e de mostrar a utilidade e as posibilidades dos mesmos.
A través deste proxecto preténdese incrementar nun 20% a captura de anguía logo da implantación do mesmo.
Estudiaríase a venda da anguía no sector hostaleiro local, sendo o obxectivo que se venda un 20% máis de produto que actualidade.
Celebración de eventos relacionados coa Anguía.
Desestacionalización do turismo no territorio
Proxecto eminentemente participativo no que se vai a involucrar toda a comunidade turística e pesqueira do territorio.
1. Recompilación da documentación: Estudo da Anguía, a historia do seu consumo e a súa extracción, así como o que supón na vida e na cultura gastrónomica en concreto, tanto de Narón como no resto da zona. Análises das grandes posibilidades culinarias que se teñen experimentado, máis tamén as que quedan por explotar.
2. Imaxe de marca "Anguía de Xuvia". Manual de Imaxe Corporativa.
3. Video promocional e informativo que axudará a darlle prestixio á zona e a revalorizar os seus recursos.
4. Folletos informativos. Dous modelos de folletos informativos-promocionais; un, dirixido aos visitantes (en galego, castelán e inglés) e outro dirixido aos hostaleiros da zona (galego). O primeiro será máis informativo e promocional e o segundo máis didáctico.
5. Creación da rede. Indentificación de cada un dos establecementos adheridos á rede mediante a colocación dun placa distintiva no exterior dos seus negocios. Esta rede estará dirixida por un coordinador experto no tema que detectará cales son as necesidades do Grupo.
6. Cursos e charlas prácticas: "A Anguía, sinerxias"; "A Anguía, visitas a produtores e comercializadores"; "A Anguía, preparación" "Optimación de menús"; "Conservación dos produtos do mar".....
7. Deseño de distintos materiais unificados para hostalería debidamente serigrafiada: salvamanteis, posavasos....
1. Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
2. Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
1.1. Mellora da competitividade do sector pesqueiro.
2.1. Impulsar o turismo mariñeiro e relacionado co mar para convertelo nun novo motor económico de primeira magnitude no territorio.
2.2. Potenciar a profesionalización do sector turístico e a integración da oferta para mellorar a súa competitividade.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)