Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Fene 1941

 

Nas últimas semanas, o Concello de Fene está a desenvolver unha das fases centrais do proxecto “Fene 1941”, centrado na recollida de documentación e memoria oral sobre a historia do estaleiro ASTANO e da ría.

O proceso inclúe entrevistas e gravacións en vídeo á veciñanza, traballadores e extraballadores, así como persoas vencelladas ao sector mariñeiro, co obxectivo de preservar e divulgar un patrimonio inmaterial único.

Este proxecto está en execución durante 2024 e 2025 e rematará en outubro de 2025. Está financiado polo Programa do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (#FEMPA) a través do GALP Golfo Ártabro Norte, cunha contribución do 70% da Unión Europea e un 30% da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.