Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

NOVA Proposta de resolución Definitiva Xunta Directiva GALP Golfo Ártabro Norte

1. En aplicación ao estipulado no artigo 24 da “Orde de Axudas do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2022, tramitada como anticipado de gasto (código do procedemento PE155A”, a Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte enviou á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro a proposta de resolución definitiva de concesión de axudas da convocatoria 2022 o día 25 de marzo.  

2. Na reunión de Xunta Directiva celebrada o pasado 20 de abril, no punto 5 da mesma “información trámites proxectos Femp 2014-2020. Convocatoria 2022”, informouse aos asistentes que o Servizo de Desenvolvemento das Zonas de Pesca (Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro), estaba a revisar a proposta. Debido a que, o día da reunión, descoñecíanse os proxectos a revisar así como importes e outras comprobacións, acordouse que se levara a cabo unha reunión de Xunta directiva vía mail, previo á publicación da proposta modificada de resolución definitiva.

3. A Xunta Directiva, acordou o seguinte, en relación aos seguintes expedientes:

GALP2-247 “Nova liña de elaborados de pan, empanadas e chocolates con produtos do mar”; unha vez revisado o informe elaborado pola xerencia deste Grupo e a documentación aportada polo solicitante desta axuda onde queda acreditado o non cumprimento do artigo 20 e) da orde de axudas do 27 de decembro de 2021, a minoración da axuda proposta  pola parte correspondente ao “baixo c” con número de referencia catastral 6868612NJ6066N0001WD), nas partidas de obras de acondicionamento e instalacións varias, adecuando a proposta de resolución definitiva de xunta directiva.
GALP2-245 “Desarrollo oferta turística y eficiencia enerxética”: Desestimado por non acreditar que a persoa que asina a solicitude teña capacidade de representación da entidade Eumeturismo, S.L.
GALP2-226 “Modernización do mercado municipal: posta en valor dos produtos locais”: En relación a este expediente que estaba axustado o importe subvencionado ao crédito existente na Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do GALP Golfo Ártabro Norte, incorporar os importes sobrantes que quedarían dos dous expedientes anteriores. 
 
4. Realizadas as correccións oportunas, a Xunta Directiva eleva a público unha nova proposta de resolución definitiva de proxectos produtivos, non produtivos e desestimados da Convocatoria 2022, tendo en conta as correccións realizadas nos expedientes GALP2-247; GALP2-245 e GALP2-226, que será trasladada á Consellería do Mar para a súa aprobación definitiva. 
 
5. Unha vez contestadas as alegacións (se as houbera) nestes tres expedientes (prazo 5 días), esta proposta de Xunta Directiva modificada pasará a ser a definitiva, sobre a que a Consellería do Mar emitirá as resolucións de axuda.
 

6. Esta proposta modificada de resolución definitiva de Xunta Directiva para proxectos produtivos e non produtivos da Convocatoria 2022, non crea  ningún dereito a favor do solicitante proposto, estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito para proxectos produtivos e non produtivos para esta convocatoria 2022.  

Informe acordos reunión X.D. 

Anexo I. Proposta MODIFICADA X.D. PRODUTIVOS 

Anexo II. Proposta MODIFICADA X.D. NON PRODUTIVOS

Anexo III. Proposta MODIFICADA X.D. DESESTIMADOS