Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Participamos en directo na Radio Galega!

Este martes 11 de xuño ás 10,30h chegou o primeiro grupo de alumnado de 3º a 6º de Primaria do CEIP Os Casais de Fene, 28 nenos/as que descubriron a arte do marisqueo co raño e participaron na Radio Galega contando a súa experiencia de construción dun pasteurizador!, dentro da nosa actividade de animación e divulgación Ondas de Ilusións - Escolas do Mar.

Podedes escoitar aquí a Rocío, alumna do CEIP Os Casais, participando no obradoiro medioambiental no que comprobamos, entre outras cuestións, como a enerxía do sol transforma a temperatura da auga para modificar as características dos líquidos, dos alimentos… Minutos 17.00 a 24.50 do programa “Galicia por Diante”, Radio Galega.

Grazas!!! a Iolanda López: http://www.crtvg.es/rg/a-carta/galicia-por-diante-galicia-por-diante-do-dia-11-06-2019-4136146?t=1499

VISITA A PÁXINA WEB DE ONDAS DE ILUSIÓNS - ESCOLAS DO MAR,  CON TODAS AS NOVIDADES PARA ESTE ANO E COMO PARTICIPAR NESTE PROGRAMA DE DIVULGACIÓN: https://ondasdeilusions.es/