Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Posta en valor da Cantina do Río Coves

O Restaurante "Cantina do Río Covés, é un dos referentes gastronómicos do ámbito territorio do GALP Golfo Ártabro Norte, caracterizado por unha relación calidade-precio moi apetecible para o tipo de produto que ofrece e a súa relación directa co mar e os seus produtos.

Está situado na confluencia dos ríos Covés e Eume en Pontedeume. Ten unha rica oferta gastrónomica, realizando xornadas de pesca. Este restaurante está ubicado nunha antiga casona rehabilitada en 1999, que durante 50 anos foi estanco, cantina e almacén de sal. Nos anos 20 estaban ubicados uns galpóns de madeira, xa que a familia se adicaba á construción de barcos de vapor.

As promotoras dúas mulleres (nai e filla) con ampla experiencia no sector da restauración apostan fortemente pola continuidade deste establecemento coidando as súas instalacións e equipamento, adaptándose ás novas tecnoloxías coa implantación duns novos sistemas de xestión máis avanzandos, mellorando na eficiencia e eficacia do servizo , coa clara intención de poder prestar aos visitantes unha oferta gastronómica única máis adaptada á cociña actual e adecuada para proxectar a imaxe de excelencia dos produtos do mar garantindo a trazabilidade dos mesmos a través da marca PescadeRías.

Río Covés, conta actualmente coa categoria de "Cantina del Eume" e está certificada en calidade por varias entidades de recoñecido prestixio, pois foi, no seu momento o primeiro restaurante de Galicia en acadar a "Q de calidade", otourgada polo Instituto da Calidade Turística Español, marca que 10 anos despois aínda manteñen. Tamén está certificada coa marca de calidade de "Galicia Calidade", dispón da marca da Consellería do Mar "PescadeRías" e distinguida polo cuño de "Excelencia Turística". Todas estas certificacións de Calidade garanten que os seus produtos, servizos e procesos están completamente asegurados e avalan un nivel de satisfacción ao seu cliente óptimo.  

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Río Covés, S.L.
Datos de interese: 
http://riocoves.com/
Perfil empresarial: 
Sociedade limitada
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 24 de maio pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a proxectos ao amparo de estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobados aos grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2017
Data de aprobación: 
30/11/2017
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
6
Anualidades: 
2017
Data fin de execución: 
30/12/2017
Ámbito de aplicación: 

Concello de Pontedeume

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
23.683,94€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
19.573,50€
Total axuda pública aprobada (€): 
9.786,75€
% Subvención: 
50%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
8.318,74
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
1.468,01
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
5
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

- Ofertar un servizo hostaleiro diferenciado de calidade e recuperar os valores da cultura gastronómica do mar.

- Dar a coñecer a tradición gastronómica mariñeira.

- Creación de emprego no territorio

- Ofrecer aos turistas que visitan a zona cada ano, especialmente os que visitan as Fragas do Eume e a vila de Pontedeume, un servizo singular hostaleiro, onde o cliente que visite as súas instalacións non só disfruten dunha oferta gastronómica senón tamén da súa cultura gastronómica da zona, puidendo desfrutar de produtos e terminacións propias da zona, especialmente produtos do mar.

- Conservar os niveis de excelencia e as marcas de calidade das que dispón o restaurante.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

- Fomentar as receitas mariñeiras da zona, tanto dende un punto de vista de tratamento de xénero como das accións promocionais das mesmas. O pescado e as receitas mariñeiras é unha parte fundamental da carta de Río Covés.

- Seguir sendo un punto de referencia para os peregrinos como parada de descanso, no Camiño Inglés que vén dende Ferrol.

- Melloras e modernización nas súas instalacións, para seguir mantendo os niveis de excelencia dos que dispón.

 

Principais actividades do proxecto: 

- Mellora establecemento para uso turístico (persianas de aluminio + estufa de pellets).

- Maquinaria (runner; motor de nova xeración para cámara de frío, percolador de café; lámpara de calor e lavadora).

- Outro inmobilizado: Equipamento de xestión informática integral especial para hostalería.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

1.Mellora da competitividade o sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.

2. Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre  elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.

3. Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.

4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras.

 

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1. Mellora da competitividade do sector pesqueiro.

2.1.Impulsar o turismo mariñeiro e relacionado co mar para convertelo nun novo motor económico de primeira magnitude no territorio.

2.2.Potenciar a profesionalización do sector turístico e a integración de oferta para mellorar a súa competitividade.

3.2.Mantemento e mellora do medio natural.

4.2.Recompilación da memoria mariñeira.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)