Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proposta de resolución DEFINITIVA Xunta Directiva GALP Golfo Ártabro Norte Convocatoria 2022 (Orde do 27 de decembro de 2021)

1. A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte en reunión celebrada o 17 de marzo de 2022 en Miño, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou  prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2022, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE155A)”..  (Resolución publicada o día 17 de marzo de 2022 nesta mesma páxina web e no taboleiro de anuncios do GALP Golfo Ártabro Norte)

2. Esta proposta de revisión provisional estaba condicionada á revisión por parte do equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Norte da documentación que foi requirida aos solicitantes das axudas, así como das comprobacións oportunas no Rexistro nacional de infracións (SANCIPES). 
 
3. Outorgouse un prazo de alegacións de 5 días hábiles contados dende a data da súa publicación no taboleiro de anuncios do GALP Golfo Ártabro Norte e na páxina web, que foi o día 17 de marzo de 2022. Rematado o prazo de alegacións o día 24 de marzo de 2022, non foi recibida ningunha ao respecto, na sede do GALP Golfo Ártabro Norte. 
 
4. Os membros da Xunta Directiva acordaron que unha vez publicada a resolución provisional -segundo o artigo 24 da Orde do 27 de decembro de 2021- e abrir un prazo de achegas de 5 días hábiles; no caso de non recibir alegacións ao respecto, quedarían aprobadas definitivamente as propostas da resolución provisional, elevando a público unha proposta de resolución definitiva de proxectos produtivos, non produtivos e desestimados, sen necesidade de levar a cabo unha nova reunión de Xunta Directiva presencial, ao non existir alegacións nin modificacións de ningún aspecto nos acordos tomados nos diferentes proxectos nesta reunión, e que tiveran que ser novamente debatidos polos membros. No caso de revisións da documentación presentada, e que afectaban ao contido na proposta provisional, o equipo técnico informou aos membros da Xunta Directiva dos cambios realizados para a súa conformidade ou non conformidade a través do correo electrónico, previo á publicación da proposta definitiva.
 

Preme nos seguintes enlaces para ver as resolucións DEFINITIVAS:

Certificado Xunta Directiva resolución DEFINITIVA Convocatoria 2022

Proposta Xunta Directiva resolución DEFINITIVA Convocatoria 2022

Anexo I. Proposta DEFINITIVA Xunta Directiva PRODUTIVOS Convocatoria 2022

Anexo II. Proposta DEFINITIVA Xunta Directiva NON PRODUTIVOS Convocatoria 2022

Anexo III. Proposta DEFINITIVA Xunta Directiva DESESTIMADOS Convocatoria 2022

Esta proposta de resolución DEFINITIVA de Xunta Directiva para proxectos produtivos e non produtivos da Convocatoria 2022 (orde do 27 de decembro de 2021), non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto, estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito para proxectos produtivos e non produtivos para esta convocatoria 2022, sí como das comprobacións oportunas no Rexistro nacional de infracións (SANCIPES).