Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Xornadas de promoción das diferentes "ameixas" do Golfo Ártabro en PONTEDEUME

O próximo venres día 29 de outubro de 2021 ás 18.00 horas, terá lugar a quinta e última das xornadas de promoción das diferentes "ameixas" do Golfo Ártabro, coa Confraría de Pescadores de Pontedeume.

Esta xornada celebrarase no MERCADO MUNICIPAL DE PONTEDEUME, e que inclúe as seguintes actuacións: Xornadas técnicas das diferentes ameixas nas confrarías de pescadores, cunha degustación do produto. Presentación da Exposición itinerante e do catálogo online coas diferentes ameixas.

Esta actividade está incluída dentro das actividades de animación do GALP Golfo Ártabro Norte nesta anualidade 2021, e ten como un dos obxectivos dar maior visibilidade e recoñecemento ao traballo das seis confrarías de pescadores deste ámbito territorial (Miño; Pontedeume; Ares; Mugardos; Barallobre e Ferrol), así como o apoio e promoción do seu produto. Tamén, preténdese potenciar a implicación do tecido social, económico-empresarial, do sector do mar e da administración local no desenvolvemento da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa deste GALP.

Convidámolo/a a participar nesta xornada en PONTEDEUME, da que por motivos organizativos agradeceríamos nos confirmaran a súa asistencia aos teléfonos 981 784 417 e 636 736 788 ou ben a través deste mesmo correo electrónico gal.mar.golfoartabronorte@xunta.gal