Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Cabanas: mar, natureza e sabores

Este proxecto, promovido polo Concello de Cabanas, ten como obxectivo consolidar a zona litoral como un destino turístico de interese, apostando por un modelo sostible, inclusivo e participativo.
A iniciativa ten como centro de referencia o CIMM Cabanas, que se configura como punto de encontro para actividades formativas, interpretativas e de divulgación arredor do patrimonio mariñeiro, natural e pesqueiro.
O Concello de Cabanas promove unha iniciativa de aprendizaxe permanente orientada a poñer en valor o litoral e o seu patrimonio mariñeiro, combinando accións de carácter turístico, educativo e social. O proxecto ten como eixo central o CIMM Cabanas, que se reforza como espazo de referencia para o desenvolvemento de actividades e punto de encontro para o público xeral e axentes do territorio.
A través de rutas interpretativas polo litoral, tanto a pé como a bordo da embarcación Anduriño, explorarase a riqueza ambiental, cultural e pesqueira da zona, con apoio de especialistas en turismo científico, oceanografía e patrimonio mariñeiro.
O proxecto aposta por unha visión inclusiva e accesible, coa implantación de sinalizacións con pictogramas no CIMM, e a participación activa de entidades sociais que traballan con persoas con diversidade funcional. A accesibilidade é un eixe clave da proposta, entendida como garantía de inclusión e participación de toda a cidadanía.
Tamén se desenvolverán autoguías dixitais, dispoñibles a través de dispositivos móbiles, cunha ampla variedade de contidos sobre biodiversidade, espazos naturais como as Fragas do Eume, flora e fauna costeira e produtos pesqueiros locais.
Este proxecto destaca pola colaboración directa co sector pesqueiro, especialmente coas Confrarías de Pescadores de Pontedeume e Barallobre, que se implican na difusión e desenvolvemento das actividades, e contribuirán a dar a coñecer os oficios do mar e os produtos da ría.
O proxecto está deseñado co obxectivo de beneficiar ao conxunto da poboación, prestando especial atención a colectivos específicos como as persoas con discapacidade, o sector pesqueiro, e as mulleres do mar, promovendo a súa implicación activa nas accións propostas e recoñecendo o seu valor no desenvolvemento local.

 

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Cabanas
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Administración local
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de febreiro 2025 FEMPA
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
30/07/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
29
Anualidades: 
3
Data fin de execución: 
31/10/2027
Ámbito de aplicación: 

Cabanas

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
49313,55€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
49313,55€
Total axuda pública aprobada (€): 
39450,84€
% Subvención: 
80
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
27615,59€
FEMP (%): 
70
CA (€): 
11835,25€
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

•  Reforzar o valor turístico e educativo do litoral do Concello de Cabanas, integrando elementos naturais, culturais e pesqueiros.
•  Impulsar a participación do sector pesqueiro, especialmente das confrarías e das mulleres do mar, como protagonistas da posta en valor do territorio e dos seus recursos.
•  Potenciar o produto pesqueiro como alimento saudable e sostible, promovendo o seu consumo e o coñecemento das súas propiedades nutricionais entre a poboación.
•  Fomentar a inclusión activa de toda a cidadanía, especialmente das persoas con diversidade funcional, en actividades de coñecemento e valorización do sector pesqueiro e mariñeiro.
•  Mellorar a accesibilidade e a orientación nos espazos públicos costeiros, favorecendo a participación autónoma en actividades culturais e educativas.
•  Consolidar o CIMM Cabanas como centro dinamizador de accións turísticas, formativas e sociais arredor do litoral.
•  Crear sinerxías entre turismo, educación ambiental e actividade mariñeira, dentro dun modelo de desenvolvemento local sostible, integrador e accesible.

 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
Incremento do número de actividades de natureza, desestacionalizadas e accesibles, en sinerxia co sector pesqueiro e o medio natural, reforzando a oferta turística sostible do litoral.
Maior participación activa dos sectores social, pesqueiro e educativo nas accións desenvolvidas, promovendo unha visión máis integradora e comunitaria do territorio.
Posta en valor do produto pesqueiro como alimento saudable e sostible, favorecendo hábitos alimentarios responsables a través de actividades divulgativas e formativas.
Mellora da inclusión e accesibilidade no CIMM Cabanas, mediante a adaptación con sinalización con pictogramas que favorezan a orientación e autonomía das persoas con diversidade funcional.
Dotación de material promocional (roll-ups, carteis, flyers) para a difusión das actividades e o fomento da participación social, especialmente dos colectivos prioritarios.
Consolidación e visibilización do CIMM Cabanas como espazo de referencia litoral, centro de aprendizaxe, encontro e divulgación do patrimonio natural e mariñeiro.
Fortalecemento das rutas interpretativas polo litoral de Cabanas, tanto a pé como a bordo da embarcación eléctrica “Anduriño”, combinando contidos científicos, ambientais e culturais.
Mellora da conservación e mobilidade da embarcación “Anduriño”, grazas á adquisición dun remolque, que permitirá facilitar o seu desprazamento e uso ao longo do ano.
Principais actividades do proxecto: 

•  Remolque para a embarcación “Anduriño”, mellorando o seu traslado e conservación.
•  Rutas turísticas a pé e a bordo, con contido ambiental e pesqueiro guiado por persoal especializado.
•  Material de promoción e difusión para fomentar a participación social (cartelería, roll ups, flyers).
•  Adaptación accesible do CIMM Cabanas, con pictogramas e recursos inclusivos (audioguías, autoguías, contidos dixitais).

 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo 2. Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.

Obxectivo específico da EDLP: 

2.1. Incrementar iniciativas de diversificación na zona costeira e consolidar a zona costeira como un destino turístico atractivo.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)