
Este proxecto, promovido polo Concello de Cabanas, ten como obxectivo consolidar a zona litoral como un destino turístico de interese, apostando por un modelo sostible, inclusivo e participativo.
A iniciativa ten como centro de referencia o CIMM Cabanas, que se configura como punto de encontro para actividades formativas, interpretativas e de divulgación arredor do patrimonio mariñeiro, natural e pesqueiro.
O Concello de Cabanas promove unha iniciativa de aprendizaxe permanente orientada a poñer en valor o litoral e o seu patrimonio mariñeiro, combinando accións de carácter turístico, educativo e social. O proxecto ten como eixo central o CIMM Cabanas, que se reforza como espazo de referencia para o desenvolvemento de actividades e punto de encontro para o público xeral e axentes do territorio.
A través de rutas interpretativas polo litoral, tanto a pé como a bordo da embarcación Anduriño, explorarase a riqueza ambiental, cultural e pesqueira da zona, con apoio de especialistas en turismo científico, oceanografía e patrimonio mariñeiro.
O proxecto aposta por unha visión inclusiva e accesible, coa implantación de sinalizacións con pictogramas no CIMM, e a participación activa de entidades sociais que traballan con persoas con diversidade funcional. A accesibilidade é un eixe clave da proposta, entendida como garantía de inclusión e participación de toda a cidadanía.
Tamén se desenvolverán autoguías dixitais, dispoñibles a través de dispositivos móbiles, cunha ampla variedade de contidos sobre biodiversidade, espazos naturais como as Fragas do Eume, flora e fauna costeira e produtos pesqueiros locais.
Este proxecto destaca pola colaboración directa co sector pesqueiro, especialmente coas Confrarías de Pescadores de Pontedeume e Barallobre, que se implican na difusión e desenvolvemento das actividades, e contribuirán a dar a coñecer os oficios do mar e os produtos da ría.
O proxecto está deseñado co obxectivo de beneficiar ao conxunto da poboación, prestando especial atención a colectivos específicos como as persoas con discapacidade, o sector pesqueiro, e as mulleres do mar, promovendo a súa implicación activa nas accións propostas e recoñecendo o seu valor no desenvolvemento local.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
• Reforzar o valor turístico e educativo do litoral do Concello de Cabanas, integrando elementos naturais, culturais e pesqueiros.
• Impulsar a participación do sector pesqueiro, especialmente das confrarías e das mulleres do mar, como protagonistas da posta en valor do territorio e dos seus recursos.
• Potenciar o produto pesqueiro como alimento saudable e sostible, promovendo o seu consumo e o coñecemento das súas propiedades nutricionais entre a poboación.
• Fomentar a inclusión activa de toda a cidadanía, especialmente das persoas con diversidade funcional, en actividades de coñecemento e valorización do sector pesqueiro e mariñeiro.
• Mellorar a accesibilidade e a orientación nos espazos públicos costeiros, favorecendo a participación autónoma en actividades culturais e educativas.
• Consolidar o CIMM Cabanas como centro dinamizador de accións turísticas, formativas e sociais arredor do litoral.
• Crear sinerxías entre turismo, educación ambiental e actividade mariñeira, dentro dun modelo de desenvolvemento local sostible, integrador e accesible.
• Remolque para a embarcación “Anduriño”, mellorando o seu traslado e conservación.
• Rutas turísticas a pé e a bordo, con contido ambiental e pesqueiro guiado por persoal especializado.
• Material de promoción e difusión para fomentar a participación social (cartelería, roll ups, flyers).
• Adaptación accesible do CIMM Cabanas, con pictogramas e recursos inclusivos (audioguías, autoguías, contidos dixitais).
Obxectivo 2. Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.
2.1. Incrementar iniciativas de diversificación na zona costeira e consolidar a zona costeira como un destino turístico atractivo.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

