Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Mar das Illas Atlánticas

Con este proxecto quérese promover a actividade do turismo mariñeiro entre o colectivo de mariñeiros e seus familiares nas Rías Baixas de Galicia, especialmente no ámbito do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia a través da información e asistencia ao desenvolvemento de ditas actividades.

Datos xerais
Acrónimo: 
Mar das Illas
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
GALP Ría de Pontevedra (coordinador)
Datos de interese: 
Estase a traballar na construcción dunha páxina web do proxecto.
Perfil empresarial: 
Promoven o proxecto tres Grupos que teñen a formulación de entidades sen ánimo de lucro regulados pola Lei de asociacións.
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 3 de agosto de 2016 pola da Consellería do Mar (DOG nº 166, do 02.09.2016) Orde do 31 de decembro de 2016 polo que se fixa o importe do crédito dispoñible na convocatoria de 2017 (DOG nº 18 de 26.01.2017)
Convocatoria - ano: 
2017
Data de aprobación: 
29/08/2017
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
12
Anualidades: 
20017 - 2018
Data fin de execución: 
31/10/2018
Ámbito de aplicación: 

Toda a zona de influencia do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia: Boiro, Cambados, Catoira, O Grove, A Illa de Arousa, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribadumia, Ribeira, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa / Bueu, Marín, Pontevedra, Poio, Sanxenxo, Meaño / Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, O Rosal, Oia, Baiona, A Guarda.

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
26.400
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
26.400
Total axuda pública aprobada (€): 
26.400
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
22.440
FEMP (%): 
85
CA (€): 
3.960
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
24
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O principal obxectivo do proxecto consiste en promover a actividade do turismo mariñeiro entre o colectivo de mariñeiros e seus familiares nas Rías Baixas de Galicia, especialmente no ámbito do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia a través da información e asistencia ao desenvolvemento de ditas actividades e formación como intérpretes do patrimonio marítimo-costeiro facendo fincapé no Parque Nacional de forma que ao mesmo tempo se lles ensine a forma de amosar aos visitantes o patrimonio natural do Parque.

 

Este obxectivo é coherente cos principios horizontais do FEMP en particular e dos fondos Europeos en xeral xa que promove a creación de novas iniciativas xeradoras de emprego a través da diversificación da actividade pesqueira.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Os principais resultados que se obterían co proxecto serían:

  • Apertura de opción para a realización de actividades de turismo mariñeiro nas Rías Baixas polo Sector Pesqueiro
  • Outorgar as ferramentas para a realización de actividades de turismo mariñeiro nas Rías Baixas polo Sector Pesqueiro dando a coñecer os aspectos técnicos de dita actividade (autorizacións, licenzas, capitanías marítimas...) e promover o traballo en rede.
  • O reforzo da gobernanza e o empoderamento do sector pesqueiro das Rías Baixas a partir da súa participación en programas de formación, que van a mellorar as capacidades dos mariñeiros/as, mariscadoras e outros colectivos relacionados co sector pesqueiro que queiran emprender en turismo mariñeiro.
  • A edición dunha Guía de turismo mariñeiro para o sector pesqueiro nas cal se recollerán as conclusións acadadas na xornada técnica, con toda a información para o desenvolvemento de actividades turísticas por parte do sector nas Rías e no entorno do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
  • A organización dunha xornada técnica, cos todos os axentes implicados, na cal dar a coñecer os aspectos técnicos da realización de actividades de turismo mariñeiro e grazas a cal poder asesorar aos mariñeiros no emprendemento deste tipo de actividades
  • A edición dunha Guía con os coñecementos necesarios para que o sector poda realizar actividades de turismo mariñeiro, especialmente con toda a información  sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

A constitución dunha Rede de técnicos das diferentes administracións involucradas na actividade de turismo mariñeiro con coñecementos para ofrecer asesoramento aos mariñeiros na iniciación de proxectos de emprendemento económico vinculado ao turismo mariñeiro. A creación desta Rede suporía unha maneira de compartir recursos e optimizar custos á hora de poñer en marcha proxectos neste ámbito

Principais actividades do proxecto: 

1. Xornada técnica de estudo da posta en marcha do turismo mariñeiros nas Rías Baixas: Responde á necesidade de informar ao sector co obxectivo de amosar os diferentes aspectos vinculados ao desenvolvemento das actividades de turismo mariñeiro: administrativo, fiscal, laboral (Seguridade Social), turístico....

 

2. Formación inicial dos profesionais do mar para a actividade de Guías do Parque Nacional: Con esta formación preténdese achegar ás persoas participantes á xestión da actividade no marco do turismo mariñeiro e da difusión do patrimonio marítimo pesqueiro da zona así como complementar o perfil profesional destes profesionais como guías do Parque para a divulgación do Parque Nacional, do patrimonio marítimo pesqueiro e da cultura mariñeira.

 

3. Edición de guías/manuais: Ao fin de recoller as conclusións acadadas na xornada técnica e difundir entre o sector todos os aspectos vinculados ao desenvolvemento do turismo mariñeiro realizaranse dúas guías informativas, unha dedicada ao emprendemento e os aspectos técnicos, e outra sobre o valor turístico e medioambiental do Parque Nacional das Illas Atlánticas como punto de interese no turismo mariñeiro.

 

4. Rede de comunicación: Co fin de promocionar o proxecto e comunicar as diferentes actividades a desenvolver e os principais resultados acadados dentro do proxecto dinamizaranse os principais eventos e novidades do programa a través de RRSS e realizarase o deseño da imaxe corporativa do proxecto.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

2. Apoiar á diversificación dentro ou fora da pesca comercial, apoio ao aprendizaxe permanente, á creación de emprego e á mellora do benestar social da zona costeira.

Obxectivo específico da EDLP: 

2.1.1. Deseño e iniciativas de turismo desestacionalizado apoiado no sector pesqueiro e a cultura e tradición mariñeira

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)