
Con este proxecto quérese promover a actividade do turismo mariñeiro entre o colectivo de mariñeiros e seus familiares nas Rías Baixas de Galicia, especialmente no ámbito do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia a través da información e asistencia ao desenvolvemento de ditas actividades.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O principal obxectivo do proxecto consiste en promover a actividade do turismo mariñeiro entre o colectivo de mariñeiros e seus familiares nas Rías Baixas de Galicia, especialmente no ámbito do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia a través da información e asistencia ao desenvolvemento de ditas actividades e formación como intérpretes do patrimonio marítimo-costeiro facendo fincapé no Parque Nacional de forma que ao mesmo tempo se lles ensine a forma de amosar aos visitantes o patrimonio natural do Parque.
Este obxectivo é coherente cos principios horizontais do FEMP en particular e dos fondos Europeos en xeral xa que promove a creación de novas iniciativas xeradoras de emprego a través da diversificación da actividade pesqueira.
Os principais resultados que se obterían co proxecto serían:
- Apertura de opción para a realización de actividades de turismo mariñeiro nas Rías Baixas polo Sector Pesqueiro
- Outorgar as ferramentas para a realización de actividades de turismo mariñeiro nas Rías Baixas polo Sector Pesqueiro dando a coñecer os aspectos técnicos de dita actividade (autorizacións, licenzas, capitanías marítimas...) e promover o traballo en rede.
- O reforzo da gobernanza e o empoderamento do sector pesqueiro das Rías Baixas a partir da súa participación en programas de formación, que van a mellorar as capacidades dos mariñeiros/as, mariscadoras e outros colectivos relacionados co sector pesqueiro que queiran emprender en turismo mariñeiro.
- A edición dunha Guía de turismo mariñeiro para o sector pesqueiro nas cal se recollerán as conclusións acadadas na xornada técnica, con toda a información para o desenvolvemento de actividades turísticas por parte do sector nas Rías e no entorno do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
- A organización dunha xornada técnica, cos todos os axentes implicados, na cal dar a coñecer os aspectos técnicos da realización de actividades de turismo mariñeiro e grazas a cal poder asesorar aos mariñeiros no emprendemento deste tipo de actividades
- A edición dunha Guía con os coñecementos necesarios para que o sector poda realizar actividades de turismo mariñeiro, especialmente con toda a información sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas.
A constitución dunha Rede de técnicos das diferentes administracións involucradas na actividade de turismo mariñeiro con coñecementos para ofrecer asesoramento aos mariñeiros na iniciación de proxectos de emprendemento económico vinculado ao turismo mariñeiro. A creación desta Rede suporía unha maneira de compartir recursos e optimizar custos á hora de poñer en marcha proxectos neste ámbito
1. Xornada técnica de estudo da posta en marcha do turismo mariñeiros nas Rías Baixas: Responde á necesidade de informar ao sector co obxectivo de amosar os diferentes aspectos vinculados ao desenvolvemento das actividades de turismo mariñeiro: administrativo, fiscal, laboral (Seguridade Social), turístico....
2. Formación inicial dos profesionais do mar para a actividade de Guías do Parque Nacional: Con esta formación preténdese achegar ás persoas participantes á xestión da actividade no marco do turismo mariñeiro e da difusión do patrimonio marítimo pesqueiro da zona así como complementar o perfil profesional destes profesionais como guías do Parque para a divulgación do Parque Nacional, do patrimonio marítimo pesqueiro e da cultura mariñeira.
3. Edición de guías/manuais: Ao fin de recoller as conclusións acadadas na xornada técnica e difundir entre o sector todos os aspectos vinculados ao desenvolvemento do turismo mariñeiro realizaranse dúas guías informativas, unha dedicada ao emprendemento e os aspectos técnicos, e outra sobre o valor turístico e medioambiental do Parque Nacional das Illas Atlánticas como punto de interese no turismo mariñeiro.
4. Rede de comunicación: Co fin de promocionar o proxecto e comunicar as diferentes actividades a desenvolver e os principais resultados acadados dentro do proxecto dinamizaranse os principais eventos e novidades do programa a través de RRSS e realizarase o deseño da imaxe corporativa do proxecto.
2. Apoiar á diversificación dentro ou fora da pesca comercial, apoio ao aprendizaxe permanente, á creación de emprego e á mellora do benestar social da zona costeira.
2.1.1. Deseño e iniciativas de turismo desestacionalizado apoiado no sector pesqueiro e a cultura e tradición mariñeira
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)