
Unha vez capturada, e ata que acoden os compradores, a anguía debe ser estabulada en piscinas que se atopan na lonxa de Arcade. Como nalgúns casos, os compradores precisan dun volume mínimo de quilos, que implica capturas de mais dunha xornada, é preciso que a anguía permaneza algún tempo nesas piscinas. Nese periodo son imprescindibles unhas correctas condicións de estabulación para garantir a supervivencia dos exemplares.
Con este proxecto preténdese manter baixo control un dos parámetros mais relevantes neste proceso: a temperatura da auga.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Mantemento da temperatura óptima nas piscinas
- Diminución do tempo de traballo dos pescadores
- Mellora das condicións de vida dos pescadores e conciliación da vida familiar e laboral
- Control da temperatura das piscinas de estabulación: regulando e controlando a temperatura das piscinas, mellorarase a calidade e as condicións hixiénicas e de saúde pública das anguías estabuladas na fase inmediatamente anterior á venta, diminuíndo o estrés e incrementando a supervivencia das mesmas
- Diminución do tempo de traballo e da inquendanza dos pescadores: na medida en que non terán que estar pendentes continuamente da renovación da auga das piscinas, nin terán que acudir polas noites a comprobar o estado das anguías
- Mellora das condicións de vida e conciliación do traballo coa vida familiar
- Instalación do equipamento: durante o tempo que as anguías permanecen estabuladas, débese cumprir cunhas condicións físico-químicas óptimas (temperatura, pH, amoníaco, nitritos, oxíseno disolto...). Como o plan de xestión abarca de febreiro a outubro, un dos principais problemas é o mantemento das anguías nas piscinas no verán, debido á temperatura que alcanza a auga, xa que podería acadar rexistros que supoñan unha temperatura crítica para a anguía e provocar mortalidades elevadas.
- Xornada formativa: a persoa responsable da instalación, explicará as persoas que traballan con anguía os novos métodos de traballo co novo equipo, e a súa relevancia para o proceso de comercialización. Nesta xornada participarán como mínimo catro pescadoras de anguía
Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros, e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños
Introducir procesos innovadores na produción, comercialización e distribución de produtos locais do mar
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)