Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Participación no proxecto Winblue

O día 9 de maio a xerencia do GALP7 participou na xornada sobre igualdade de xénero na economía azul celebrada nas instalacións de ANFACO-CECOPESCA en Vigo.

Este evento parte do proxecto Winblue da Unión Europea, deseñado para empoderar as mulleres e promover a igualdade de xénero dentro da economía azul.

A economía azul abarca unha ampla gama de actividades económicas relacionadas cos océanos, mares e costas.

O proxecto Winblue ten como obxectivo acelerar o empoderamento das mulleres en cinco sectores clave: economía azul, biotecnoloxía, acuicultura e pesca, enerxía renovable mariña, turismo costeiro e tecnoloxías avanzadas para protexer e restaurar os ecosistema mariños.