
O proxecto presentado consiste na apertura dun restaurante cunha categoría de dous garfos ubicado no lugar de O Pindo, concello de Carnota, baixo unha temática moi mariñeira e buscando a especialización gastronómica con produtos do mar.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O proxecto consiste na apertura dun restaurante de dous garfos no Lugar de O Pindo, concello de Carnota. Con este novo establecemento preténdese poñer en valor os produtos do mar do noso territorio, fomentando o consumo dos mesmos entre os visitantes.
Quérese realizar novas preparacións de produtos do mar que non se explotan no noso entorno, dándolle un nove toque a excelente materia prima coa que contamos.
Este proxecto axudará ao crecemento econonómico da zona, ao xerar emprego e impulsar actividades pesqueiras (ao mercar polbo, peixes e mariscos da zona e tamén fomentar a recollida de algas como nova forma de ingreso complementarias ás capturas tradicionais de peixe.
-Xerar emprego, incluído a colectivos desfavorecidos.
-Xerar sinerxias con outras empresas e entidades da zona (hoteis, comercio, empresas de actividadas náuticas ou acuáticas...).
-Colaborar con entidades da zona (confraria, asociación sin ánimo de lucro...).
-Aumentar as inversións no territorio.
-Desestacionalización das actividades.
-Ampliar os servizo turísticos da zona, cun novo establecemento hostaleiro.
O proxecto consiste na reforma dun restaurante xa existente que se atopaba pechado desde fai tempo para adaptadlo a un novo restaurante de dous garfos, contará dunha zona de cociña, almacén, zona de barra e público, e dous pequenos comedores algo máis reservados.
Dentro das actuación a realizar nesta reforma, levarase a cabo un cambio radical na decoración, baseando o novo deseño en motivos mariñeiros, acorde coa actividades que se quere realizar, ademáis de novas instalacións de fontanería, electricidade, gas e ventilación.
Mercarase toda a maquinaria de cociña nesaria para a elaboración das comidas, o mobiliario para a zona de comedor e de atención ao público e construirase un aseo adaptado para persoas con mobilidade reducida.
Dentro do proxecto vanse incluir as solucións TIC´s adaptadas á xestión do empresa, tanto na compra de equipo informático, tablets e programa de xestión do restaurante. Crearase un sistema de xestión co cal a comanda que toma o camareiro pasa directamente á cociña e ao ordenador da caixa, identificando ademais a cada camareiro cunha pulseia para acceder ao TPV, esto permite un control total da actividade de cada traballador.
Crearase un páxina web para promocionar o establecemento, potenciando o posicionamento e marketing dixital da empresa.
A actividade da empresa vai a ser a propia dun restaurante de dous garfos, coa preparación de todo tipo de platos. A base da carta van ser os produtos do mar (peixes e mariscos) potenciando as preparacións diferentes ás típicas que podemos atopar no noso entorno máis próximo, dándolle un valor engadido aos excelentes produtos cos que contamos nas nosas rías. Quérese tamen intoducir o consumo de algas, tanto como acompañamento dos platos, como para ensaladas ou revoltos. Dentro dos produtos ofertados darase preferencia aos das nosas rías, sobre todo de Fisterra e da Ría Muros-Noia, primando a calidade e frescura dos mesmos, que compraranse directamente nas lonxas locais, e finalmente entrarase a formar parte de Km0 MarGalaica.
Obxectivo estratéxico 2. Diversificación Económica
2.4.1.2 Iniciativas de restauración e gastronomía integradas no programa Km0 MarGalaica
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)