Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Restaurante dous garfos a Morada da Moa

O proxecto presentado consiste na apertura dun restaurante cunha categoría de dous garfos ubicado no lugar de O Pindo, concello de Carnota, baixo unha temática moi mariñeira e buscando a especialización gastronómica con produtos do mar.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
José Antonio González Rodríguez
Datos de interese: 
www.moradadamoa.com
Perfil empresarial: 
Persoa física
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 24 de maio pola que se es establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a proxectos ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobados aos grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2018
Data de aprobación: 
06/08/2018
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
7
Anualidades: 
2018
Data fin de execución: 
31/10/2018
Ámbito de aplicación: 

Concello de Carnota

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
111.670,58
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
107.802,31
Total axuda pública aprobada (€): 
40.533,67
% Subvención: 
37,6
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
34.453,62
FEMP (%): 
85
CA (€): 
6.080,05
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
4,5
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O proxecto consiste  na apertura dun restaurante de dous garfos no Lugar de O Pindo, concello de Carnota. Con este novo establecemento preténdese poñer en valor os produtos do mar do noso territorio, fomentando o consumo dos mesmos entre os visitantes.

Quérese realizar novas preparacións de produtos do mar que non se explotan no noso entorno, dándolle un nove toque a excelente materia prima coa que contamos.

Este proxecto axudará ao crecemento econonómico da zona, ao xerar emprego e impulsar actividades pesqueiras (ao mercar polbo, peixes e mariscos da zona e tamén fomentar a recollida de algas como nova forma de ingreso complementarias ás capturas tradicionais de peixe.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

-Xerar emprego, incluído a colectivos desfavorecidos.

-Xerar sinerxias con outras empresas e entidades da zona (hoteis, comercio, empresas de actividadas náuticas ou acuáticas...).

-Colaborar con entidades da zona (confraria, asociación sin ánimo de lucro...).

-Aumentar as inversións no territorio.

-Desestacionalización das actividades.

-Ampliar os servizo turísticos da zona, cun novo establecemento hostaleiro.

Principais actividades do proxecto: 

O proxecto consiste na reforma dun restaurante xa existente que se atopaba pechado desde fai tempo para adaptadlo a un novo restaurante de dous garfos, contará dunha zona de cociña, almacén, zona de barra e público, e dous pequenos comedores algo máis reservados.

Dentro das actuación a realizar nesta reforma, levarase a cabo un cambio radical na decoración, baseando o novo deseño en motivos mariñeiros, acorde coa actividades que se quere realizar, ademáis de novas instalacións de fontanería, electricidade, gas e ventilación.

Mercarase toda a maquinaria de cociña nesaria para a elaboración das comidas, o mobiliario para a zona de comedor e de atención ao público e construirase un aseo adaptado para persoas con mobilidade reducida.

Dentro do proxecto vanse incluir as solucións TIC´s adaptadas á xestión do empresa, tanto na compra de equipo informático, tablets e programa de xestión do restaurante. Crearase un sistema de xestión co cal a comanda que toma o camareiro pasa directamente á cociña e ao ordenador da caixa, identificando ademais a cada camareiro cunha pulseia para acceder ao TPV, esto permite un control total da actividade de cada traballador.

Crearase un páxina web para promocionar o establecemento, potenciando o posicionamento e marketing dixital da empresa.

A actividade da empresa vai a ser a propia dun restaurante de dous garfos, coa preparación de todo tipo de platos. A base da carta van ser os produtos do mar (peixes e mariscos) potenciando as preparacións diferentes ás típicas que podemos atopar no noso entorno  máis próximo, dándolle un valor engadido aos excelentes produtos cos que contamos nas nosas rías. Quérese tamen intoducir o consumo de algas, tanto como acompañamento dos platos, como para ensaladas ou revoltos. Dentro dos produtos ofertados darase preferencia aos das nosas rías, sobre todo de Fisterra e da Ría Muros-Noia, primando a calidade e frescura dos mesmos, que compraranse directamente nas lonxas locais, e finalmente entrarase a formar parte de Km0 MarGalaica.

 

 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 2. Diversificación Económica

Obxectivo específico da EDLP: 

2.4.1.2 Iniciativas de restauración e gastronomía integradas no programa Km0 MarGalaica

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)