Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

RUTAS XACOBEAS NA COSTA SOSTIBLE

DESCRICIÓN DO PROXECTO

O proxecto “Rutas Xacobeas na Costa Sostible”  é a posta en valor cultural e promoción turística das rutas e do patrimonio xacobeo no ámbito territorial da zona de influencia denominada Costa Sostible. Esta zona inclúe os concellos de Cee, Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia e Porto do Son.

A posibilidade de xerar unha unión efectivo entre os Camiños Xacobeos de Fisterra e da Ría de Muros e Noia a través dun itinerario de conexión polos concellos de Cee, Carnota e Dumbría debe converter este proxecto nunha oportunidade única de posta en valor da entidade xacobea nun espazo territorial moi vinculado a Pietro Querini e do Portus Apostoli da Ría de Muros-Noia.

O proxecto vai establecer unha ruta circular dende Santiago a través do camiño de Fisterra e con volta á capital seguindo os pasos do Camiño da Ría Muros-Noia.

Todo isto cunha presenza continua de promoción dos diversos recursos e produtos do territorio da Costa Sostible que enriquece e pon en valor os produtos pesqueiros, marisqueiros, etc… amparados baixo as marcas da Pesca Artesanal, Azul de Portosín, de Lonxa ou KM0.

Datos xerais
Acrónimo: 
RUTAS XACOBEAS
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
ARD RIA MUROS NOIA, CONCELLO DE CEE, CONCELLO DE CARNOTA, CONCELLO DE DUMBRIA, CONCELLO DE MUROS
Datos de interese: 
https://riademurosnoia.com/institucional/ https://cee.gal/es/ https://www.carnota.gal/?lang=es https://www.dumbria.com/?lang=es https://muros.gal/
Perfil empresarial: 
Proxecto conxunto presentado por unha asociación turística, e catro concellos
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)
Convocatoria - ano: 
2024
Data de aprobación: 
15/07/2024
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
21
Anualidades: 
2024-2025
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

LOCAL

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
220.000,00 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
220.000,00 €
Total axuda pública aprobada (€): 
198.000,00 €
% Subvención: 
90%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
138.600,00 €
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
59.400,00 €
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
Non
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Reforzo e aproveitamento turístico do patrimonio xacobeo da Costa Sostible.
  • Reforzo do Camiño da Ría Muros-Noia en Muros, Noia, Outes e Porto do Son.
  • Creación do itinerario  Volta da Gloria, que une o Camiño de Fisterra-Muxia e o Camiño da Ría Muros-Noia, a través de Cee, Dumbría, Carnota e Muros.
  • Promoción destes camiños, con especial atención aos formatos dixitais.
  • Participación en feiras e eventos para a promoción dos camiños.
  • Especial atención á competitividade e o compromiso co territorio.

 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Mellora da competitividade do turismo xacobeo na Costa Sostible mediante e innovación na creación e promoción dos produtos turísticos ligados aos Camiños de Santiago do territorio.

Principais actividades do proxecto: 

ACTIVIDADE 1. POSTA EN VALOR E CALIDADE DOS CAMIÑOS XACOBEOS

ESTUDO DE DELIMITACIÓN DOS CAMIÑOS.

  • Estudo para identificación do novo trazado que debe unir os actuais Camiños de Santiago de Fisterra-Muxía e da Ría de Muros-Noia nun itinerario circular denominado Volta de Gloria, unha actividade nacida do sector turístico da zona.
  • Adicionalmente, o mesmo estudo debe recoller documentación que permita a elaboración posterior de contidos para as accións de comunicación previstas na Actividade 2.

BALIZAMENTO DOS CAMIÑOS.

  • Proxecto de balizamento: Estudo de identificación das necesidades de balizamento das Rutas no territorio Costa Sostible. O mesmo estudo deberá realizar o deseño dun sistema de balizamento común.
  • Balizamento dos trazados segundo o proxecto.

MARCA DE CALIDADE DOS CAMIÑOS XACOBEOS.

  • Deseño dun selo de calidade de Manual de Excelencia do Camiños Xacobeos que permita diferenciar e promover tramos de especial calidade.
  • Acción piloto de aplicación do novo estándar de calidade a un tramo xacobeo de territorio.
  • Identificación e execución de 2 accións de corrección de impactos ambientais no trazado de camiños.

ACTIVIDADE 2. PRODUTO E COMUNICACIÓN TURÍSTICA

DESEÑO E EDICIÓN DE MATERIAIS PROMOCIONAIS

Prevense os seguintes formatos.

  • Guía do Camiño da Ría Muros-Noia. Edición dunha guía de detalle en formato libro de peto.
  • Mapa da Volta da Gloria. Deseño e edición dun mapa que recolla o trazado da nova ruta.
  • Mapa do Camiño de Santiago da Ría Muros-Noia. Deseño e edición dun mapa sobre esta ruta na ría.
  • Mapa da Travesía Náutica Xacobea. Centrado nun produto xacobeo marítimo que inclúe trazado marítimo e desembarco en portos deportivos da Costa Sostible.

ESTRATEXIA DE COMUNICACIÓN DIXITAL

Deseño e execución dunha estratexia de difusión dixital do Camiños atendendo incluíndo os seguintes investimentos.

  • Estratexia dixital Volta da Gloria.
  • Estratexia dixital Camiño da Ría Muros-Noia.
  • Estratexia dixital Camiño Marítimo. Sitio web especializado no produto xacobeo náutico.
  • Clips de vídeo dos camiños. 7 spots de vídeo relativos aos distintos camiños e ás producións pesqueiras á gastronomía locais.
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 2. Economía Azul & Diversificación.

Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fora do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícola.

Obxectivo específico da EDLP: 

2.3 Mellora da oferta de servizos turísticos.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)