
Fomentar a participación das persoas con discapacidade en actividades de lecer náutico e coñecemento do medio mariño, favorecendo a súa inclusión social ofertando ao mesmo tempo un novo servizo turístico no territorio para persoas con discapacidade.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
1. Ofrecer oportunidades de formación en manexo de de embarcacións de vela e pequenas de motor, para persoas con discapacidade.
2.- Fomentar o coñecemento e peculiaridades da ría, do entorno mariño e da súa conservación.
3.- Facilitar o acceso ao lecer náutico a persoas con discapacidade.
4.- Facilitarlle a práctica de deportes naúticos ao colectivo de persoas con discapacidade.
5.- Mellorar a oferta de actividades complementarias de xeodestino Ría Muros-Noia coa creación dun servizo turístico accesible.
O proxecto terá tres partes diferenciadas:
FORMACION: unha parte formativa que contribuirá a acadar os seguintes resultados esperados:
-Formar persoas con discapacidade para a obtención do Titulín.
-Que persoas con discapacidade que participen en actividades de formación sobre coñecemento do entorno mariño e a súa conservación.
LECER NAUTICO: actividades encamiñadas a fomentar o disfrute do entorno mariño, adaptando as mesmas para que sexan accesibles para todos. Os resultados que se esperan acadar son:
-Celebración de xornadas de Lecer Náutico en varios puntos da Ría Muros-Noia nas que participarán anualmente máis de 100 persoas con discapacidade.
-Mellora da oferta complementaria dos establecementos de aloxamentos do territorio.
DEPORTES NÁUTICOS: facilitarlle as persoas con discapacidade á participación coas embarcacións do club en actividades náutico-deportivas.
Actividade 1: formación no coñecemento das peculiaridades da ría, entorno mariño, bancos marisqueiros e contribución á conservación dos mesmo. Actividade que se levará a cabo nas instalacións do Centro A Misla e estará dirixida a todas as persoas con discapacidade que queiran participar. Terá unha duración trimestral e na mesma contarase coa participación de profesioanis do sector (mariscadoras, mariñeiros...) monitores do Centro A Misela e monitores do Club Adeco-dea. Realizarase formación específica sobre a ría e as súas peculiaridades, a pesca, o marisqueo, o entorno e como realizar unha conservación axeitada do medio, realizando xornadas de limpeza de praias e de zonas costeiras.
Actividade 2: formación en manexo de embarcacións á vela e a motor pequenas, co obxectivo de preparar ás persoas con discapacidade que o desexen á obtención do Titulín. Deste xeito, aquelas persoas que o desexen poderán iniciarse e formarse nesta área, co obxectivo de poder ser monitores dalgunha das actividades, dentro deste mesmo programa.
Actividade 3: Celebración de Xornadas de Lecer Náutico destinado a persoas con discapacidade, con paseos pola ría nas embarcacións propiedade do Club Adeco-Dea e cos seus monitores. Esta é unha forma de promover o turismo accesible na nosa zona, de xeito que realizando unha axeitada promoción desta actividade, poidan asistir persoas con discapacidade que queiran participar e que empreguen recursos hoteleiros, de restauración e de distintos servizos na zona.
Actividade 4: Creación dun servizo turístico a disposición dos establecementos de aloxamentos do xeodestino, en especial aqueles que traballen con este tipo de colectivos, como Cabanas sen Barreiras.
Obxectivo estratéxico 2. Diversificación económica.
2.4.1.3 Aopio ao investimento turístico xerador de emprego.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)