Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Un mar para todos

Fomentar a participación das persoas con discapacidade en actividades de lecer náutico e coñecemento do medio mariño, favorecendo a súa inclusión social ofertando ao mesmo tempo un novo servizo turístico no territorio para persoas con discapacidade.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Club Adeco-Dea
Datos de interese: 
adeco.dea@gmail.com
Perfil empresarial: 
Asociación sen ánimo de lucro
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 24 de maio pola que se es establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a proxectos ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobados aos grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2017
Data de aprobación: 
10/04/2017
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
7
Anualidades: 
2017
Data fin de execución: 
31/10/2017
Ámbito de aplicación: 

Ría Muros-Noia

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
34.404.52 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
34.404.52 €
Total axuda pública aprobada (€): 
24.943,28 €
% Subvención: 
72,5
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
21.201,79
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
3.741,49
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

1. Ofrecer oportunidades de formación en manexo de  de embarcacións de vela e pequenas de motor, para persoas con discapacidade.

2.- Fomentar o coñecemento e peculiaridades da ría, do entorno mariño e da súa conservación.

3.- Facilitar o acceso ao lecer náutico a persoas con discapacidade.

4.- Facilitarlle a práctica de deportes naúticos ao colectivo de persoas con discapacidade.

5.- Mellorar a oferta de actividades complementarias de xeodestino Ría Muros-Noia coa creación dun servizo turístico accesible.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

O proxecto terá tres partes diferenciadas:

FORMACION: unha parte formativa que contribuirá a acadar os seguintes resultados esperados:

-Formar persoas con discapacidade para a obtención do Titulín.

-Que persoas con discapacidade que participen en actividades de formación sobre coñecemento do entorno mariño e a súa conservación.

LECER NAUTICO: actividades encamiñadas a fomentar o disfrute do entorno mariño, adaptando as mesmas para que sexan accesibles para todos. Os resultados que se esperan acadar son:

-Celebración de xornadas de Lecer Náutico en varios puntos da Ría Muros-Noia nas que participarán anualmente máis de 100 persoas con discapacidade.

-Mellora da oferta complementaria dos establecementos de aloxamentos do territorio.

DEPORTES NÁUTICOS: facilitarlle as persoas con discapacidade á participación coas embarcacións do club en actividades náutico-deportivas.

Principais actividades do proxecto: 

Actividade 1: formación no coñecemento das peculiaridades da ría, entorno mariño, bancos marisqueiros e contribución á conservación dos mesmo. Actividade que se levará a cabo nas instalacións do Centro A Misla e estará dirixida a todas as persoas con discapacidade que queiran participar. Terá unha duración trimestral e na mesma contarase coa participación de profesioanis do sector (mariscadoras, mariñeiros...) monitores do Centro A Misela e monitores do Club Adeco-dea. Realizarase formación específica sobre a ría e as súas peculiaridades, a pesca, o marisqueo, o entorno e como realizar unha conservación axeitada do medio, realizando xornadas de limpeza de praias e de zonas costeiras.

Actividade 2: formación en manexo de embarcacións á vela e a motor pequenas, co obxectivo de preparar ás persoas con discapacidade que o desexen á obtención do Titulín. Deste xeito, aquelas persoas que o desexen poderán iniciarse e formarse nesta área, co obxectivo de poder ser monitores dalgunha das actividades, dentro deste mesmo programa.

Actividade 3: Celebración de Xornadas de Lecer Náutico destinado a persoas con discapacidade, con paseos pola ría nas embarcacións propiedade do Club Adeco-Dea e cos seus monitores. Esta é unha forma de promover  o turismo accesible na nosa zona, de xeito que realizando unha axeitada promoción desta actividade, poidan asistir persoas con discapacidade que queiran participar e que empreguen recursos hoteleiros, de restauración e de distintos servizos na zona.

Actividade 4: Creación dun servizo turístico a disposición dos establecementos de aloxamentos do xeodestino, en especial aqueles que traballen con este tipo de colectivos, como Cabanas sen Barreiras.

 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 2. Diversificación económica.

Obxectivo específico da EDLP: 

2.4.1.3 Aopio ao investimento turístico xerador de emprego.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)