A empresa maiorista de peixe promotora deste proxecto, con sede no porto da Coruña e actividade dende 1994, propón unha actuación estratéxica baseada en dúas liñas complementarias: a modernización da súa capacidade de transformación a través da adquisición de maquinaria avanzada e a creación dunha nova canle de comercialización dixital mediante a posta en marcha dunha páxina web con venda online.
Por unha banda, a adquisición de equipamento especializado (dosificadora pesadora, dosificadora de caixas e de salmuera) permitirá mellorar o procesado da sardiña e outros peixes de proximidade, garantindo maior precisión na pesaxe, redución de manipulación e optimización do uso de sal e envases. Isto redundará nun incremento da eficiencia enerxética, redución de custos e mellora da calidade final do produto, ademais de facilitar a dixitalización e tecnificación do proceso produtivo.
Por outra banda, a posta en marcha dunha tenda online permitirá á empresa diversificar as súas canles de venda, dirixíndose directamente ao consumidor final e explorando novos formatos e presentacións adaptadas ao mercado doméstico. Esta vía permitirá aumentar a visibilidade do peixe de proximidade, mellorar os marxes comerciais e achegar o produto directamente ao fogar con todas as garantías de calidade e frescura.
En conxunto, o proxecto incide na sustentabilidade, a innovación e a competitividade, contribuíndo á modernización do sector pesqueiro, reducindo a pegada de carbono, impulsando a economía circular e promovendo o consumo de produto local transformado e distribuído con criterios de eficiencia e responsabilidade ambiental.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Xeral:
-
Mellorar a competitividade, sustentabilidade e tecnoloxía dunha empresa maiorista de peixe de proximidade mediante a adquisición de equipamento avanzado e a apertura dunha canle dixital de comercialización directa.
Específicos:
-
Modernizar e optimizar o proceso de transformación e envasado de peixe.
-
Incrementar a calidade final do produto ofrecido.
-
Reducir o consumo enerxético e a pegada de carbono mediante maquinaria máis eficiente.
-
Diminuír o uso de envases e minimizar residuos.
-
Facilitar a venta directa ao consumidor final a través dunha plataforma online.
-
Aumentar a rendibilidade da empresa e consolidar o emprego.
-
Reforzar a presenza e valor do peixe de proximidade no mercado.
-
Mellorar a ergonomía e condicións de traballo do persoal.
-
Potenciar a tecnoloxización e dixitalización do sector.
-
Contribuír á economía azul e á economía circular na cadea pesqueira.
-
Aumento da capacidade produtiva con menor consumo enerxético.
-
Redución da manipulación directa do produto e incremento da súa calidade.
-
Disminución do uso de envases e mellora na xestión de residuos.
-
Novo canal de comercialización activa (web) cunha liña de venda directa a consumidor final.
-
Incremento de vendas e de clientes, tanto minoristas como particulares.
-
Redución de custos operativos e aumento de marxes comerciais.
-
Modernización do sistema produtivo e comercial.
-
Maior visibilidade do peixe de proximidade galego.
-
Promoción do consumo responsable e sostible.
-
Mellora das condicións laborais do equipo.
-
Adquisición e posta en marcha de maquinaria especializada para pesaxe e dosificación automatizada de peixe e salmuera.
-
Instalación e posta en funcionamento dos equipos nas naves situadas na lonxa da Coruña.
-
Deseño e desenvolvemento dunha páxina web corporativa con funcionalidade de venda online.
-
Adaptación das presentacións de produto a formatos aptos para o mercado doméstico.
-
Accións de formación interna para o manexo da nova maquinaria e xestión da canle online.
-
Campaña de lanzamento e promoción da nova tenda online a través de medios dixitais e redes sociais.
-
Mellora do proceso de trazabilidade e control de calidade do produto.
-
Seguimento dos indicadores de eficiencia, redución de consumo e resultados comerciais.
Obxectivo estratéxico 1: Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación de mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
Obxectivo específico 1.1: Consolidar ao final do período de programación a cadea de valor do sector pesqueiro local, incrementando o valor engadido dos produtos do mar e da acuicultura a través de accións que implementen melloras, sexan sostibles e/ou innovadoras.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

