Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Por un Mar de Vida e Oportunidades

venres, 30 de Agosto de 2019 - 10:08
É un evento de lixo mariño, no que se busca informar, concienciar e ver o lixo mariño como unha oportunidade de emprendemento. De esta forma axudando a mellorar os nosos mares e océanos, créanse proxectos de futuro nos que o medioambiente a sostibilidade é o mais importante. A xornada conta con poñentes de entidades tan prestixiosas como: CETMAR, INTECMAR ou ECOEMBES, entre outras, nos que expertos na temática exporán os retos aos que nos enfrontamos. Esta xornada é financiada polo GALP Golfo Ártabro Sur, con colaboración de: Concello de Sada e Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. O contido dividirase en 3 bloques: 1º- Coñecemento e retos para a reducción e eliminación dos plásticos mariños. 2º- Mesa de experiencias 3º- Os residuos e plásticos mariños como unha oportunidade para o emprendemento. Realizarase o día 30 de agosto no Salón de Plenos do Concello de Sada. Horario: 10 a 14h. Confirmar asistencia: http://galpgolfoartabrosur.blogspot.com/, no teléfono 881.896.417 ou enviando un correo a: galp.mar.golfoartabrosur@xunta.gal