O proxecto consiste na adquisición dun vehículo con cámara isotérmica e certificado ATP, destinado ao transporte eficiente, seguro e hixiénico da materia prima pesqueira desde as zonas de produción ata a súa venda. A nova furgoneta permitirá garantir a conservación da cadea de frío, mellorar a trazabilidade do produto e ampliar as canles de comercialización mediante un sistema de loxística directa que permitirá á empresa realizar a entrega dos seus produtos en calquera punto da xeografía galega.
Trátase dun vehículo cunha tecnoloxía moito máis eficiente, cunha clasificación enerxética cero, que contribúe á redución de emisións de CO₂, á mellora do rendemento loxístico e ao aforro enerxético. Ademais, o promotor realiza labores complementarias de vixilancia ambiental e de control do furtivismo nas zonas de cría das especies comerciais do Golfo Ártabro, polo que a dispoñibilidade deste vehículo facilitará tamén estes desprazamentos.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
-
Mellorar a conservación e hixiene da materia prima pesqueira durante o transporte desde a captura ata a venda.
-
Garantir a trazabilidade e a calidade do produto ao longo de toda a cadea loxística.
-
Ampliar as canles de comercialización coa entrega directa a clientes.
-
Reducir a dependencia da venda exclusiva na lonxa.
-
Aumentar a competitividade e a capacidade operativa da empresa.
-
Diminuír o impacto ambiental mediante un vehículo máis eficiente e con menores emisións.
-
Facilitar as actividades de vixilancia ambiental e control do furtivismo.
-
Garantía dunha cadea de frío continua e eficiente desde o mar ata o cliente final.
-
Maior seguridade alimentaria e mellora da imaxe do produto no mercado.
-
Apertura de novos canais de comercialización cun sistema de distribución propio.
-
Incremento da rendibilidade da empresa mediante a optimización loxística.
-
Redución significativa das emisións de CO₂ asociadas ao transporte.
-
Mantenimiento do emprego e consolidación da actividade empresarial.
-
Contribución á sustentabilidade e preservación do ecosistema mariño local.
-
Adquisición dun vehículo con cámara isotérmica e certificado ATP.
-
Adaptación da loxística interna para incorporar a distribución directa de produto pesqueiro.
-
Implementación de sistemas de trazabilidade e seguimento do produto durante o transporte.
-
Uso do vehículo para actividades ambientais de vixilancia nas zonas de cría das especies traballadas.
Obxectivo estratéxico 1: Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
Obxectivo específico 1.2: Promover prácticas sostibles, mellora das condicións laborais e reducción da contaminación derivada da actividades pesqueira e acuícola.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

