Foron o programa de eventos do #AIPAA2022 á estrea do documental “Mulleres de auga salgada” e o éxito de concorrencia na última convocatoria FEMP
Así mesmo, na sección Multimedia, incluíron a referencia da entrevista a Amparo Dopico, técnico da entidade, en RadioInterCoruña para explicar como preparamos a conmemoración do Ano Internacionalda Pesca e da Acuicultura Artesanais (AIPAA) e todas as accións e actividades que desenvolveremos ao longo deste 2022.
Por último, e dentro do mesmo apartado Multimedia, fálase do documental “Mulleres de auga salgada” que estreamos o pasado 8 de marzo con motivo do Día da Muller. Un traballo atemporal a través do que queremos visibilizar o importante papel das traballadoras do mar no noso territorio.
O "Flash en Red" da REGP é unha publicación de carácter mensual na que se informa sobre a actualidade relacionada co desenvolvemento local participativo (DLP) dos Grupos de Acción Local Pesqueiro de toda España.
Podedes ler o boletín aquí ⤵
https://regp.pesca.mapama.es/sites/default/files/flashenReD/FLASH_N_30_A...