
O proxecto consiste na compra de nova maquinaria para ampliar as instalacións da empresa e ter así as características necesarias para poder efectuar tarefas de separación, clasificación, lavado e alpacado do plástico recolleito, para enviar a demandantes deste tipo de materia prima, conseguinte así a súa reciclaxe e reutilización.
Con estes procesos conséguese obter unha maior porcentaxe de reciclaxe do plástico recolleito, minimizando a cantidade de material do cal non é posible a súa reutilización.
Sexo promotor:
Muller
Home
Home
Idade promotor:
< 40 anos
> 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación:
Sí
Non
Non
Diversificación da actividade pesqueira:
Si
Non
Non
Emprego creado (ETC):
Si
Non
Non
Nº emprego creado (ETC):
1
Emprego mantido (ETC):
Si
Non
Non
Nº emprego mantido (ETC):
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron:
-
Principais obxectivos do proxecto:
Os principais obxectivos do proxecto son:
- Contribuír aos obxectivos da estratexia de crecemento económico e diversificación da zona costeira mediante á xeración de emprego dentro do territorio do GALP Golfo Ártabro Sur.
- Reciclado e recuperación de materiais plásticos que chegan a zonas portuarias da actividade pesqueira e outras actividades do territorio en xeral.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto:
Os resultados previstos son os seguintes:
- Creación de emprego a tempo completo
- Contribución á redución da pegada de carbono, mediante a reciclaxe e reutilización de plásticos evitando emisións e tamén contribuíndo á redución de entulleiras, con consecuente diminución da contaminación do aire e auga.
Principais actividades do proxecto:
O proxecto consiste na recollida de plásticos procedentes da zona marítima e empresas localizadas na mesma zona de acción. Clasificación e preparación para reciclado na nave que actualmente ten a empresa situada no Polígono de Bergondo.
Para conseguir unha maior recuperación dos materiais a empresa necesita investimentos en maquinaria e ampliar as instalacións onde poder efectuar as tarefas de separación, clasificación, lavado e alpacado para poder enviar a demandantes deste tipo de materia prima, para a súa reciclaxe e reutilización.
Para poder levar a cabo a correcta clasificación dos plásticos fixéronse probas para poder determinar que maquinaria se necesita. Actualmente no mercado non hai maquinas específicas para a separación por densidades o nivel que pretendemos, polo que se necesita a fabricación de maquinaria adaptada.
Necesítase fabricar unha cinta transportadora, cinta de triaje e baño separador por densidades.
Tamén debemos dotar á instalación cunha báscula, fundamental para entradas de plásticos e saídas de materia prima.
Obxectivo estratéxico da EDLP:
Obxectivo estratéxico 3. Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medio ambiental das zonas pesqueiras. Incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.
Obxectivo específico da EDLP:
Obxectivo específico 3.1.: Adoptar medidas de incidan no coidado e preservación do medio natural e dos seus recursos, favorecendo á mellora da biodiversidade.
Liña de actuación 3.1.2.: Maior conservación e posta en valor dos recursos naturais da zona costeira.
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático:
Si
Non
Non
Igualdade de xénero:
Si
Non
Non
Discriminación:
Si
Non
Non
Favorecer a inclusión social:
Si
Non
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020:
Si
Non
Non
Contribución:
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)