Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A economía azul, construíndo un modelo de crecemento sustentable

Mañá xoves 16 de decembro, ás 19 horas, celebramos no Museo Do Humor Fene unha xornada informativa e participativa sobre a Economía azul como modelo de crecemento sustentable.
A sesión contará coa intervención dos expertos Ricardo García Mira e Antonio García Allut sobre a transición á sustentabilidade e as posibilidades de recuperación das rías Golfo Ártabro Norte.
Ao final abriremos un turno para xerar debate entre os asistentes e abordar o futuro das novas axudas de fondos FEMP.
Esperámosvos a todos. O aforo é reducido polo que agradecemos a inscrición previa na dirección de correo galp.mar.golfoartabronorte@xunta.gal.  As prazas baleiras cubriranse por rigurosa orde de chegada.
#EconomiaAzul #Galp #GolfoArtabroNorte