
Mellora das instalacións e integración de servizos para un turismo mariñeiro de calidade: accesibilidade, desestacionalización e ascenso de categoría hoteleira.
O proxecto consiste por unha parte, na mellora da calidade e salto de categoría nun negocio existente como Pensión 2* a hotel 1* para o que haberá que facer unha reforma interior do establecemento, e por outro, a creación dun novo emprendemento que reforce o aloxamento, poñendo en marcha unha Axencia de destino) que integre servizos turísticos, centrada na temática mariñeira e no Camiño de Santiago para grupos, co obxecto de desestacionalizar o turismo e produza sinerxias con outros axentes locais para mellorar o turismo mariñeiro, e que os potenciais clientes poidan planificar dende a orixe a súa experiencia na zona costeira de Miño.
A idea central desta axencia de destino online minorista-maiorista, é que os visitantes potenciais do Golfo Ártabro poidan planificar en orixe o seu tempo de lecer entre unha variedade de temáticas vinculadas ao turismo mariñeiro: o aluguer de material para a práctica de deportes acuáticos, rutas planificadas en kaiak, cursos de padel surf, visitas aos campos marisqueiros, catas de viño Branco Lexítimo de Paderne, aluguer de bicicletas para roteiros pola costa, cursos de mergullo, rutas marítimas en veleiro, comidas especiais con produtos do mar locais, e facilitar ao visitante a súa estadía no Concello de Miño.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Obxectivo económico: ofertar un servizo de maior calidade que aumente o valor engadido da actividade. Integrar actividades locais de interese para comercializar en paquetes de experiencias turísticas novos canles, e atraer máis visitantes á contorna do Golfo Ártabro.
Obxectivo territorial: Atraer visitantes con maior capacidade de gasto no territorio que demanden aloxamentos de máis calidade, e poñer en valor un destino cum amplo camiño por percorrer que conta con todos os elementos necesarios: entorno, infraestruturas, profesionais, materia prima e axentes locais profesionais. Organizar e paquetizar experiencias para incorporar a outros sectores locais ao mercado turístico.
Obxectivo social: Este proxecto conta co apoio dunha variedade moi heteroxénea de profesionais locais que ofrecen actividades atractivas dende o punto de vista turístico, á vez, o proxecto fomenta a colaboración entre estes axentes descoordinados ata hoxe. Dinamizar e promocionar o destino.
Mellora da calidade das instalacións turísticas dun destino costeiro como Miño.
Eliminación de barreiras arquitéctonicas no establecemento.
Integrar os servizos turíticos de aloxamento, restauración e actividades náuticas.
Vender de forma directa produtos do mar e da terra (conservas de peixe e marisco, recordo con temática mariñeira, viño da zona...) na recepción-lobby.
Vender o servizo en paquetes de experiencias mariñeiras por novas canles de comercialización non traballadas neste territorio.
Promover o partimonio mariñeiro e costeiro.
Impulsar de forma directa e indirecta a xeración de postos de traballo nos establecementos do territorio, principalmente do Concello de Miño.
Aumentar sinerxias cos provedores de mercancia que consumen os locais de hostalería de Miño
Instalacións, reforma do establecemento para adaptar a hotel 1*
Maquinaria e electrodomésticos
Mobiliario
Licenzas e permisos
Equipamentos e programas informáticos
Promoción audiovisual e publicidade
Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
Converter o turismo mariñeiro e o propio turismo mariñeiro, en particular, nun novo motor económico no territorio.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)