Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

As curtametraxes de Vidas Mariñeiras, xa dispoñibles na web

As curtametraxes de Vidas Mariñeiras están xa dispoñibles para ver en liña na web de Vidas mariñeiras. Son o resultado do traballo realizado polo alumnado dos centros públicos CPI As Mirandas (Ares), CPI A Xunqueira (Fene) e IES Breamo (Pontedeume), entre outubro e decembro de 2017 durante a primeira edición do programa.

Entre o río e o mar (alumnado de 3º da ESO do IES Breamo, Pontedeume), De corazón, mariñeiro (alumnado de 3º e 4º da ESO do CPI A Xunqueira, Fene) e Marea de mulleres (alumnado de 4º da ESO do CPI As Mirandas, Ares) son o resultado dun intenso traballo formativo realizado entre os meses de outubro e decembro, e foron estreadas publicamente o pasado 21 de decembro nos Cines Dúplex de Ferrol. A partir de hoxe, pódense ver tamén na web que recolle as bases do concurso e do programa formativo, na seguinte ligazón: http://vidasmarineiras.gal/peliculas

Pero para gozalas en pantalla grande, o vindeiro sábado 13 de xaneiro ás 18:00 o equipo técnico de Vidas Mariñeiras e boa parte da equipa responsable de cada curtametraxe achegarase ao Centro Galego das Artes da Imaxe (Rúa Durán Loriga 10, A Coruña) para presentar os seus traballos e compartir impresións co público. A sesión é aberta e de balde.