
Laura Bárcenas con experiencia profesional en panadería e pastelería, bizneta do fundador de "Casa Carmelita" no ano 1956, tenda de ultramarinos e bar no lugar de Barracido, Concello de Ares, puxo en marcha coa axuda do Programa FEMP 2014-2020 na convocatoria 2018 un novo local, restaurando o baixo da antiga casa na que se iniciu este negocio familiar dándolle un novo enfoque. Neste novo establecemento potencia aqueles produtos que elabora e que teñen como principal ingrediente os produtos do mar. Pon en valor produtos estrela, como empanadas de bacallau, berberechos, zamburiñas, mexillóns, bonito, etc..., tamén elaborará pizza mariñeira, e brazo de xitano de marisco doce e salado.
Nesta segunda fase dota ao "Obrador de Laura" de nova maquinaria que permite mellorar os procesos de fabricación de produtos, así como aumentar o ritmo de fabricación e poder asumir a crecente demanda, así como de creación de emprego neste ámbito territorial.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Posta en valor dos produtos elaborados, sendo o principal ingrediente os produtos do mar, tanto frescos como en conserva. Para elo ponse en marcha un novo local para a súa elaboración e comercialización.
Este proxecto é levado a cabo por unha muller nova, creando un novo posto de traballo, facilitando a conciliación da vida laboral coa vida familiar.
A actividade deste novo obrador non soamente vai a ir dirixida aos consumidores da zona, senón que se pretende chegar aos potenciais turistas que visitan durante o ano este territorio. Preténdese colaborar tamén noutras iniciativas promovidas tanto por instituticións públicas como entidades privadas, así como empresas de hostalería e restauración da zona, contribuíndo a que exista neste territorio unha oferta conxunta de cara a potenciar o turismo en calquera época do ano, contribuíndo á desestacionalización do turismo.
Posta en valor de produtos do mar e creación de novos postos de traballo no territorio, principalmente de mulleres.
- Creación de novos postos de traballo.
- Incremento da comercialización dos produtos do mar.
- Atracción do turismo gastrónomico no territorio.
- Colaboración con establecementos hostaleiros e turísticos da zona, favorecendo o intercambio de experiencias e boas prácticas con zonas de excelencia turística.
- Traballos electricos para a instalación de dúas cámaras frigoríficas. Adecuación da instalación de gas.
- Cámara de conxelación e conxelados; campana extractora mural; sarten basculante de gas; abatidor de temperatura e carro bandexeiro.
- Temperadora continuo selmi one; máquina cookmatic; placa cookmatic eclair gran 37 e placa cookmatic cucharilla N19
Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea subministro dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
Fomentar a posta en marcha de novas actividades empresariais vinculadas ao sector do mar que acheguen máis valor a nivel local.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)