
Mariscos Troia, SLL é unha entidade que ten por obxecto a explotación de todo tipo de buques pesqueiros: pesca marítima extractiva, marisqueo e acuicultura. Comercializan directamente produtos do mar que extraen os seus socios, como a navalla, longueirón, nécora e camarón. Con este proxecto abren unha nova ruta de ventas no ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte, para o que precisan un furgón eléctrico e un remolque náutico para poder comercializar os seus produtos neste territorio, a través da venta directa, contribuíndo a reducir a pegada de carbono, a mellora da eficiencia enerxética e o efecto do cambio climático.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Nova ruta de ventas coa comercialización dos produtos no ámbito de actuación do GALP Golfo Ártabro Norte, realizando venta directa tanto a particulares como a restaurantes e peixerías
Mellora da comercialización dos produtos da pesca e marisqueo mediante a venda directa ao público en xeral.
Axudar a potenciar o consumo local e de proximidade dos produtos pesqueiros no ámbito territorial
Introducir melloras que posibiliten novos xeitos de vender os produtos e atender as esixencias dos consumidores acordes á calidade demandada.
Consolidación dos postos de traballo.
Reducir a pegada de carbono e mellorar a eficiente enerxética, buscando minorar o efecto do cambio climático.
Mellora da visión social do produto do mar baixo criterios de sustentabilidade, proximidade e calidade do produto do mar: Ao comezar coa venta directa dos produtos do mar capturados por eles mesmos e transportados nas mellores condicións, dará unha visión de frescura e calidade dos produtos de km0.
Incremento, consolidación e mantemento de emprego no sector da pesca, a través da ampliación das actividades a realizar pola sociedade promotora.
Estimular o consumo de produtos de pesca de proximidade no ámbito territorial.
Contribuír á xestión eficaz e sostible dos recursos pesqueiros da zona, ao utilizar técnicas de pesca artesanais con pouco impacto no medio ambiente e a realizar o transporte dos produtos nun furgón eléctrico con 0 emisións.
Consolidar a imaxe do produto como produto de excelencia.
Contribuir á innovación tecnolóxica ao utilizar un vehículo eléctrico isotermo con etiqueta azul de 0 emisións, ademáis axudará a implantación de enerxías limpas, no ámbito do transporte.
- Furgón eléctrico isortemo e remolque náutico para comercialización dos produtos do mar da ría de Ferrol. Venta directa.
Obxectivo 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
Dotar ao sector pesqueiro de recursos e ferramentas que lle dean máis competitividade e valor ao produto e as profesións relacionadas co mar
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

