
A Confraría de Pescadores de Ferrol continúa apostando pola comercialización directa a través da súa peixería “A Túa Lonxa”, como vía para garantir ingresos sostibles tanto para a entidade como para os seus asociados, especialmente nun contexto de baixa produtividade na Ría de Ferrol.
Con este proxecto, a Confraría impulsa a marca “Cofradía de Ferrol” mediante o desenvolvemento dunha campaña de comunicación dixital de 18 meses, cunha forte presenza en redes sociais e a creación dunha páxina web profesional. Esta web estará enfocada na actividade da lonxa e incluirá un sistema de venda online de peixe e marisco fresco, facilitando o acceso directo ao consumidor e fomentando o comercio de proximidade.
Ademais, o proxecto contempla a instalación dun acuario didáctico e expositivo, que servirá como ferramenta educativa para promover o consumo responsable, a sustentabilidade dos recursos mariños e a reciclaxe, dirixido a público infantil, xuvenil e adulto.
Trátase dun proxecto de interese e beneficio colectivo, xa que repercute directamente en todos os socios e socias da Confraría, mellorando as súas condicións laborais e incrementando o valor engadido do produto que capturan. Contribúe á promoción da pesca costeira artesanal, á dinamización do tecido económico local e á defensa do patrimonio marítimo da Ría de Ferrol.
Esta iniciativa contribúe á profesionalización do sector, mellora a imaxe da Confraría, reforza a marca local, facilita a conciliación da vida laboral e familiar, e promove a sustentabilidade ambiental e social do sector pesqueiro tradicional.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Potenciar a comercialización directa dos produtos do mar da Confraría, mellorando os ingresos da entidade e dos seus asociados.
- Impulsar a marca “Cofradía de Ferrol” como referente de pesca costeira artesanal, con identidade propia e presenza dixital.
- Crear unha páxina web profesional que facilite a venda online e promova o consumo local e de proximidade.
- Promover a educación ambiental e mariñeira mediante un acuario didáctico accesible a diferentes públicos.
- Creación dunha nova páxina web profesional con funcionalidade de venda online de peixe e marisco da Confraría.
- Desenvolvemento dunha campaña dixital en redes sociais durante 18 meses para aumentar a visibilidade da marca “Cofradía de Ferrol” e promocionar a pesca costeira artesanal.
- Instalación dun acuario didáctico como ferramenta de divulgación sobre os recursos mariños, sustentabilidade e reciclaxe, dirixido a nenos, mozos e adultos.
- Impulso das vendas directas desde a peixería “A Túa Lonxa”, mellorando a trazabilidade e a presentación do produto.
- Mellora da imaxe e da profesionalidade do sector pesqueiro local, reforzando a confianza dos consumidores.
- Promoción do consumo de produto local e de proximidade, favorecendo a economía circular na contorna da Ría de Ferrol.
- Mantemento dos postos de traballo asociados á peixería e á xestión da comercialización directa, garantindo ingresos estables para a Confraría e os seus socios.
- Reforzo do papel da Confraría como axente dinamizador do territorio e promotor da pesca sostible e artesanal.
- Instalación dun acuario didáctico como ferramenta educativa e promocional para dar a coñecer os recursos mariños da ría, a pesca costeira artesanal e a importancia da sustentabilidade.
- Rotulación integral das novas instalacións, incluíndo vinilos, carteis informativos e placas identificativas, co obxectivo de mellorar a imaxe exterior e interior da peixería “A Túa Lonxa”, reforzando a marca “Cofradía de Ferrol” e a identificación visual do espazo.
- Comunicación e marketing:
- Creación dunha nova imaxe corporativa da confraría.
- Lanzamento dunha campaña en redes sociais cunha duración de 18 meses para promover o consumo de peixe e marisco local.
- Deseño, desenvolvemento e xestión dunha páxina web profesional con funcionalidades de venda online, centrada na promoción do produto fresco da confraría e no apoio ao comercio de proximidade.
Obxectivo 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
1.1. Dotar ao sector pesqueiro de recursos e ferramentas que lle dean máis competitividade e valor ao produto e as profesións relacionadas co mar.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

