mércores, 25 de Setembro de 2019 - 11:09

A exposición itinerante “O océano que nos une” continúa o seu percorrido pola costa galega visitando todos os espazos museísticos integrados na Rede REMA.
Nesta ocasión, os oito Grupo de Acción Local Pesqueira (GALP) de Galicia comprácense en convidalo/a á inauguración da mostra “O océano que nos une” que acollerá o Centro de Interpretación Caldoval de Mugardos (A Coruña).
O evento terá lugar mañá xoves, 26 de setembro ás 19:00h na sala soto do museo.

