Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Máis de 500 escolares de Educación Primaria no Golfo Ártabro Norte están participando en ONDAS DE ILUSIÓNS–ESCOLAS DO MAR

Ás saídas en kaiak ao lado dos bancos marisqueiros, demostracións “in situ”de persoal experto nas confrarías de pescadores (traballo co raño e coñecemento de bivalvos), súmase agora a visita en familia ao museo da Sociedade de Historia Natural, estando aberto o prazo para inscribirse neste encontro.

O proxecto ONDAS DE ILUSIÓNS -ESCOLAS DO MAR está xestionado polo GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE, que na súa terceira edición pretende “acadar unha maior concienciación sobre as repercusións do cambio climático e reducir o impacto sobre o territorio”, tal e como recolle a Estratexia de Desenvolvento Local Participativo nos seus obxectivos específicos.

Así, lanza esta medida, de apoio a proxectos educativos “inmersivos”relacionados coa cadea de valorecoa participación dos profesionais do sector.

Deste xeito, para a execución das actividades cóntase coa colaboración das Confrarías de Pescadores de Miño e de Pontedeume e a participación de biólogos traballadores destas entidades.

Por outra banda, e ademais de dar a coñecer os recursos mariños e a biodiversidade no eido mariño, a Estratexia persigue “potenciar o xurdimento dunha oferta turística completa e de calidade vinculada á actividade mariñeira”, promovendo actividades recreativas e deportivas acuáticas e subacuáticas; implicando nesta ocasiónaos clubes deportivos de Cabanas (KDM Ocio Activo) e o Clube Náutico de Miño.

Están a participar nesta edición 13 centros escolares da zona, dende os municipios de Ares, Ferrol, Fene, Neda, Narón, Mugardos e Pontedeume. As actuacións comezaron o pasado mes de xuño (curso escolar 2018/2019) e finalizarán durante o mes de outubro, xa nun novo curso escolar (2019/2020). Os centros participantes no programa son: CEIP Os Casais (Fene) CPI A Xunqueira (Fene) CEIP Maciñeira (Neda) CRA de Narón (Narón) CEIP Piñeiros (Narón) CEIP Plurilingüe A Laxe (Ferrol) CEIP Juan de Lángara (Ferrol) CEIP Masdías (Ferrol) CEIP Recimil (Ferrol) CEIP Isaac Peral (Ferrol) CPI As Mirandas (Ares) CEIP Unión Mugardesa (Mugardos) CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume)

Ate o momento as accións realizadas consistiron en saídas en embarcacións polas rías de Ares e Betanzos, coa finalidade de que os escolares coñezan os deportes naúticos e recursos da zona. Ademais realizáronse obradoiros medioambientais sobre a emerxencia climática, coñecemento dos areais e especies mariñase dolabor dos traballadores e traballadoras do mar (como extraen as ameixas, para qué serven os poliquetos...)

As actividades están dirixidas ao alumnado de 3ºa 6º de Educación Primaria, e agora ábrese tamén ás familias dos nenos e nenas participantes, que poderán desfrutar dunha visita guiada por persoal experto no Museo da Natureza, da Sociedade Galega de Historia Natural.

A visita será o sábado 19 de outubro a partir das 12,00 horas, cunha duración estimada de 1 ½hora. Neste encontro, as persoas visitantes poderán contemplar resíduos fósiles, diversas coleccións de cunchas, o esquelete dunha balea, unha lura xigante e moitas máis sorpresas e curiosidades. Para poder efectuar esta visita, o alumnado dos centros participantes poderá acudir, previa inscrición, descargando un Formulario dispoñible na páxina web www.ondasdeilusions.es/descargas/.

Para máis información, poden contactar no email ondasdeilusions@gmail.com ou chamar ao teléfono 633.074.271 para realizar a reserva, xa que as prazas son limitadas e van por orde de recepción.