Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Mellora na comercialización e distribución Pescadería a Greta

Con este proxecto, Pescadería A Greta, situada en Fene, dá un paso adiante na modernización do seu negocio mediante a adquisición dun viveiro para peixe e marisco fresco, co obxectivo de mellorar a conservación dos produtos e ampliar a variedade ofrecida ao consumidor final.
Esta mellora permitirá achegar ao cliente un produto de maior calidade, con mellor presentación e trazabilidade, reforzando a confianza e fidelización da clientela. A instalación do viveiro contribúe a posicionar a peixaría como un establecemento competitivo e adaptado ás demandas actuais do mercado.
Ademais, co obxectivo de incrementar a visibilidade do punto de venda e atraer novo público, o proxecto contempla a colocación dun cartel luminoso publicitario na fachada da peixaría, impulsando a imaxe comercial do negocio.
Esta combinación de melloras permitirá a Pescadería A Greta aumentar a súa rendibilidade e competitividade, axustando prezos sen comprometer a calidade e contribuíndo ao mantemento do emprego no sector local.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Juan Alberto Pazo Vales
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Autónomo
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de febreiro de 2025
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
09/07/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
7
Anualidades: 
1
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

Fene

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
12.323,85€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
12.323,85€
Total axuda pública aprobada (€): 
6.161,92€
% Subvención: 
50
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
4.313,35€
FEMP (%): 
70
CA (€): 
1.848,58€
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
2
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Mellorar a conservación do peixe e marisco fresco grazas á incorporación dun viveiro específico.
  • Ampliar a variedade de produto ofrecido, adaptándose ás demandas actuais do consumidor.
  • Impulsar a comercialización e competitividade da peixaría mediante unha mellor presentación do produto e un punto de venda máis atractivo.
  • Reforzar a imaxe do negocio e aumentar a súa visibilidade, atraendo novo público mediante un cartel luminoso na fachada.
  • Incrementar a rendibilidade do establecemento, optimizando as marxes comerciais e fomentando o crecemento sostido.
  • Manter os postos de traballo, consolidando a actividade económica da peixaría no municipio de Fene.
  • Favorecer a conciliación da vida laboral e persoal, ao permitir unha mellor organización do tempo de traballo mediante a optimización da conservación e exposición dos produtos.

 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Conservación máis eficiente do peixe e marisco fresco grazas ao viveiro, permitindo ofrecer produto de calidade durante máis días sen perdas.
  • Ampliación da variedade de produtos dispoñibles, o que supón unha oferta máis atractiva para a clientela e un incremento nas vendas.
  • Maior visibilidade do punto de venda, mediante o cartel luminoso exterior, atraendo novos clientes e reforzando a imaxe da peixaría.
  • Mellora da experiencia de compra e fidelización dos clientes, cunha presentación máis profesional dos produtos.
  • Mantemento e estabilidade do emprego, grazas ao incremento da rendibilidade do negocio.
  • Facilitación da conciliación da vida laboral e persoal, ao reducir presións horarias nas tarefas de conservación e exposición do produto, permitindo unha mellor organización do tempo de traballo.
  • Incremento da competitividade comercial, cun negocio máis moderno, eficiente e orientado ao cliente.

 

Principais actividades do proxecto: 
  • Instalación dun rótulo publicitario luminoso na fachada exterior da peixaría, co obxectivo de mellorar a visibilidade do negocio e atraer nova clientela.
  • Adquisición dun viveiro a medida para a conservación de peixe e marisco fresco, permitindo unha mellor xestión do produto, maior variedade na oferta e un servizo de máis calidade para os consumidores.

 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.2. Conseguir un sector pesqueiro resiliente onde as actividades marítimo-pesqueiras acaden un peso importante na actividade económica da zona costeira.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)