Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Melloras na comercialización e distribución do produto Pescadería María Elena

A Pescadería María Elena de Miño impulsa a modernización do seu negocio coa adquisición dun vehículo isotermo DUAL FUEL GLP con etiqueta ECO para o transporte e reparto de peixe e marisco fresco, así como dúas balanzas con TPV integrado para a mellora da xestión comercial e adaptación ás novas obrigas fiscais da Lei Antifraude 2025.
Este proxecto permitirá mellorar o transporte desde a lonxa ata o consumidor final, ampliando a variedade de produto ofrecido e garantindo a súa trazabilidade, calidade e frescura. Tamén se incrementará a eficiencia hixiénico-sanitaria no reparto, tanto no punto de venda de Miño como na venda ambulante e entregas a domicilio que se realizan a diario nas parroquias do municipio e nos concellos limítrofes.
Ademais, ao apostar por un vehículo con combustible alternativo e menor impacto ambiental, contribúese á redución da pegada de carbono, á eficiencia enerxética e á loita contra o cambio climático, promovendo unha actividade sostible no ámbito local.

 

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
María Elena Fernández Cañoto
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Autónoma
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de febreiro de 2025
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
09/07/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
7
Anualidades: 
1
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

Miño

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
59.416,01€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
59.416,01€
Total axuda pública aprobada (€): 
29.708,01€
% Subvención: 
50
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
20.795,61€
FEMP (%): 
70
CA (€): 
8.912,40€
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
3
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

•  Modernizar e facer máis sostible o transporte de peixe e marisco fresco.
•  Garantir a calidade, hixiene e frescura dos produtos pesqueiros.
•  Adaptarse ás esixencias da nova Lei Antifraude 2025, mediante ferramentas dixitais que melloran a xestión contable, fiscal e de facturación.
•  Reducir a pegada de carbono e avanzar cara unha actividade con baixo impacto ambiental.
•  Mellorar a atención ao cliente e a eficiencia nos servizos de reparto e venda ambulante.
•  Favorecer a conciliación da vida laboral e persoal, optimizando os tempos e recursos de traballo.
•  Contribuír ao mantemento do emprego, especialmente feminino, nun sector no que a presenza das mulleres é clave tanto na xestión como na venda directa.

 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
Mellora da loxística e da capacidade de distribución de produto fresco.
Garantía de trazabilidade e cumprimento da nova normativa fiscal mediante sistemas TPV.
Aumento da variedade e da calidade dos produtos ofrecidos ao cliente final.
Redución do impacto ambiental mediante o uso de vehículos máis eficientes e menos contaminantes.
Incremento das vendas grazas á mellor presentación, conservación e distribución do produto.
Contribución ao mantemento do emprego local e, especialmente, ao emprego das mulleres, que desempeñan un papel fundamental no comercio pesqueiro de proximidade.
Dinamización do comercio local e fidelización da clientela mediante unha oferta máis profesionalizada e moderna.
Avance cara unha actividade económica máis sostible, dixital e respectuosa co medio ambiente.
Principais actividades do proxecto: 
  • Incorporación de dúas balanzas colgantes con TPV e software de xestión integrado.
  • Adquisición dun vehículo isotermo DUAL FUEL GLP (etiqueta ECO) para o transporte de peixe e marisco.

 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.2. Conseguir un sector pesqueiro resiliente onde as actividades marítimo-pesqueiras acaden un peso importante na actividade económica da zona costeira.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)