Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Narón organizou un taller de sushi e algas dentro do proxecto "Narón aberto ao mar"

O Concello de Narón levou a cabo este fin de semana, este taller impartido por Susana Rañal e cunha duración de 8 horas, onde explicaron a elaboración de diferentes tipos de algas e algas con sushi

Esta actividade realizouse nas instalacións da Asociación de Veciños do Val. Colaborou a Asociación de Veciños do Val, a Asociación Terra Rendible e a Confraría de Pescadores de Barallobre.

Este taller está incluído dentro das actividades aprobadas dentro do proxecto "Narón aberto a mar" promovido polo Concello de Narón e que contou cunha subvención do FEMP na Convocatoria 2020, segunda fase de adxudicación de axudas.