
O proceso de avaliación intermedia da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (2023-2025), no marco do programa FEMPA 2021-2027, continúa o seu desenvolvemento tras a celebración das mesas sectoriais a pasada semana, nas que se rexistrou unha destacada participación por parte dos distintos axentes do territorio.

Dende a entidade agradécese a implicación de todas as persoas participantes, cuxas achegas resultan de especial relevancia para a análise do impacto das actuacións financiadas e a mellora continua da xestión do programa.
Como seguinte fase deste proceso, desenvolverase o Espazo Proxectos, unha dinámica participativa dirixida a persoas promotoras e solicitantes de axudas, co obxectivo de avaliar o impacto real das iniciativas apoiadas, identificar posibles melloras na xestión dos fondos e recoller propostas que contribúan á optimización do programa.
A xornada terá lugar o mércores, 22 de abril, na Casa do Pescador (Miño), e estruturarase en dúas sesións:
12:00 h – Sector Pesqueiro, dirixida a profesionais do sector, incluíndo persoal técnico e administrativo, biólogos/as e demais perfís vinculados ás entidades pesqueiras.
19:00 h – Iniciativas privadas, sociais, empresariais e institucionais, orientada a proxectos promovidos desde os distintos ámbitos do tecido socioeconómico.
Ambas sesións desenvolveranse nun formato participativo e de carácter valorativo, abordando cuestións como o impacto dos proxectos no territorio, as dificultades na xestión dos fondos, o proceso de concorrencia competitiva e os efectos xerados a nivel económico e social.
A participación das persoas promotoras e solicitantes de axudas resulta fundamental neste proceso, ao permitir incorporar a súa experiencia directa na mellora da xestión e na planificación futura do programa.
Para máis información e inscricións:
981 784 417 / 636 736 788
galp.mar.golfoartabronorte@xunta.gal

