Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Ondas de Ilusións - Escolas do Mar. Campaña de sensibilización escolar 2019

Ondas de Ilusións - Escolas do Mar

Ao comezar o novo curso, xa son varios os centros no Golfo Ártabro Norte que se suman ás saídas en kaiak polas nosas rías, dispostos a participar ademais nos obradoiros medioambientais que, nesta ocasión, estarán centrados no coñecemento dos animais mariños. 


Serán os seguintes coles: CIP As Mirandas, de Ares, CRA de Narón, CEIP Maciñeira, de Neda, CEIP A Laxe, CEIP Juan de Lángara e CEIP Isaac Peral, Ferrol. 


Por que durará tanto o verán? Falaremos disto durante a saída. 


Animádevos a descubrir outra visión da costa!

 

Campaña de sensibilización escolar que ten como obxectivo o coñecemento do medio mariño, a contaminación dos plásticos no mar, o cambio climático e biodiversidade, a pesca sustentable e os recursos pesqueiros. 

 

Lévase a cabo nas rías do Golfo Ártabro Norte, traballando nos municipios que teñen saída ao mar de Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne e Pontedeume.

 

Toda a información en: https://ondasdeilusions.es/