Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Peixeando co emprego II

Dado o grande éxito acadado pola anterior edición do programa “Peixeando no emprego” promovido polo Concello de Narón, nesta nova convocatoria retómase a iniciativa cun enfoque renovado e orientado ao sector da hostalería, un ámbito con alta demanda de persoal especializado.
A novidade principal deste proxecto reside na formación práctica na preparación e cociñado de peixes e mariscos, produtos de alta calidade que ofrece a nosa ría, e que constitúen unha oportunidade profesional e gastronómica de primeiro nivel.
O programa está dirixido a persoas desempregadas maiores de 18 anos, empadroadas preferentemente no Concello de Narón, e incluirá dúas accións formativas baixo o título “Preparación e cociñado de peixe”, cun total de 800 horas de formación teórico-práctica.
Os contidos abranguen:
Procesado, transformación e conservación do produto pesqueiro
Técnicas culinarias especializadas en peixe e marisco
Comercialización, almacenaxe e servizo
Introdución ao emprendemento no ámbito gastronómico
Este proxecto ofrece unha resposta directa á demanda do sector hostaleiro, contribuíndo á súa profesionalización e á incorporación de talento formado localmente.
A formación especializada contribúe tamén ao apoio e dinamización do sector pesqueiro, ao poñer en valor o produto da ría e promover o seu uso na restauración.
As persoas desempregadas beneficiaranse directamente ao acceder a unha formación con alta empregabilidade, mentres que o sector da restauración verá reforzado o seu persoal cualificado, xerando unha sinerxía positiva para a economía local.
Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Narón
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de febreiro de 2025 FEMPA
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
30/07/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
29
Anualidades: 
3
Data fin de execución: 
31/10/2027
Ámbito de aplicación: 

Narón

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
33453,50€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
33453,50€
Total axuda pública aprobada (€): 
26762,80€
% Subvención: 
80
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
18733,96€
FEMP (%): 
70
CA (€): 
8028,84€
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

•  Reforzar a cualificación profesional das persoas desempregadas mediante formación específica no manexo, preparación e cociñado de produtos pesqueiros.
•  Responder á demanda do sector da hostalería, que precisa persoal cualificado en cociña especializada con peixe e marisco.
•  Poñer en valor os produtos da ría de Ferrol, como recurso económico e gastronómico de proximidade.
•  Fomentar o emprendemento vinculado á gastronomía mariñeira como nova vía de inserción laboral.
•  Contribuír á dinamización do sector pesqueiro, creando vínculos directos entre formación, produto local e restauración.
•  Promover o emprego inclusivo e sostible, con atención especial á poboación desempregada do Concello de Narón.

 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

•  Formación dun mínimo de 30 persoas desempregadas en dúas edicións do curso, con coñecementos técnicos e prácticos na preparación de peixe e marisco.
•  Mellora da empregabilidade das persoas participantes, coa posibilidade real de inserción laboral no sector da restauración.
•  Dotación ao tecido hostaleiro local de persoal especializado, reducindo a carencia de profesionais na cociña mariñeira.
•  Promoción do produto pesqueiro local, incrementando o seu uso e coñecemento entre futuros profesionais e consumidores.
•  Reforzo da identidade gastronómica de Narón, ligada á calidade dos produtos mariños e á profesionalización da súa preparación.
•  Fomento do consumo sostible e de proximidade, conectando o mar coa mesa e apoiando os sectores produtivos locais.

 

Principais actividades do proxecto: 
Elaboración dunha unidade didáctica específica:
Material formativo adaptado ás características do alumnado e aos contidos do curso, centrado nas técnicas de preparación, transformación e cociñado de produtos pesqueiros. Incluirá aspectos de seguridade alimentaria, conservación e maridaxes.
Desenvolvemento de dúas accións formativas:  “Preparación e Cociñado de Peixe”. 2026-2027
Ambas edicións contarán cunha carga lectiva de 400 horas cada unha, combinando contidos teóricos e prácticos, con titorización individualizada e enfoque profesionalizador. As clases desenvolveranse en instalacións axeitadas e serán impartidas por profesionais especializados na cociña mariñeira e o tratamento do produto pesqueiro.
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.3. Asegurar unha maior participación de colectivos menos favorecidos e da mocidade nas actividades marítimo-pesqueiras.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)