
Con este proxecto o Concello de Paderne pon en valor os produtos da ría de Betanzos, especialmente a ostra xaponesa ou ostra do pacífico, especie de molusco bivalvo cunha alta densidade na ría de Ares-Betanzos que ten unha tasa de crecemento e proliferación mo rápida.
Co obxectivo de contribuír a súa comercialización o Concello de Paderne organiza dous obradoiros coa colaboración da Confraría de Pescadores de Miño no que, por un lado, persoal da Confraría, presentará este produto na Feira Gastro lexítimo de Paderne aos asistentes, así como un show-cooking con produto local e desgustación, facendo fincapé en como poder consumir este tipo de ostra, neste caso como empanada. Por outra banda, celebrarase outro das mesmas características no local social de Quintas onde o Concello de Paderne conta cunha pequena cociña dirixido aos veciños e veciñas de Paderne, restauradores locais e público interesado.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Valorización da especie exótica colonizadora magallana gigas ou ostra xaponesa ou ostra do pacífico, contribuíndo a faciitar a comercialización da mesma coa colaboración da Confraría de Pescadores de Miño.
Mellora da imaxe dos produtos da Ría de Betanzos.
Mellora da actividade produtiva da ría a nivel local e posible incorporación (ostra) á cultura alimentaria da poboación
Mellora na comercialización e no consumo da ostra xaponesa co apoio da Confraría de Pescadores de Miño
Mellora da visión do produto do mar e concretamente do marisco da Ría de Betanzos
Aumento da conexión da poboación local co mundo do mar
Incremento do valor do papel sociocultural das Confrarías de pescadores, neste caso, da Confraría de Pescadores de Miño
Potenciar o consumo local de proximidade (km0) deste territorio, con produtos pesqueiros da ría de Betanzos-Ares
Formación e educación no consumo en fresco e artesanal do produto pesqueiro, marisqueiro neste caso (ostra)
- 2 obradoiros para a posta en valor dos produtos da ría de Betanzos-Ares
- 1 forno para elaboración de empanadas de ostra
Obxectivo 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
1.1. Dotar ao sector pesqueiro de recursos e ferramentas que lle dean máis competitividade e valor ao produto e as profesións
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

