Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Promoción de Cofradía de Pescadores de Ferrol - Jornadas y ferias divulgación

Campaña de divulgación e promoción dos produtos da ría de Ferrol, coa realización dunha serie de obradoiros prácticos. O formato consiste nun showcooking impartido por cociñeiros do Grupo Nove e/ou outros profesionais de prestixio aportados pola Confraría de  Pescadores de Ferrol, cunha posterior degustación gratuíta dos produtos para profesionais e público en xeral, estando cada xornada destinada a un produto.

De forma complementaria, tamén darán a coñecer os produtos da Confraría fóra do ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte, asistindo a feiras gastronómicas e turísticas de Galicia.

O produto a consumir e promocionar nas diferentes xornadas de divulgación incluídas neste proxecto é adquirido aos socios e socias da Confraría de Pescadores de Ferrol. 

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Confraría de Pescadores de Ferrol
Datos de interese: 
https://www.facebook.com/profile.php?id=100071725732385
Perfil empresarial: 
Organización de pescadores
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 28 de decembro de 2023 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMPA 2021-2027
Convocatoria - ano: 
2024
Data de aprobación: 
19/08/2024
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
30
Anualidades: 
3
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

Ferrol

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
180.234,50€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
180.234,50€
Total axuda pública aprobada (€): 
180.234,50€
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
126.164,15€
FEMP (%): 
70
CA (€): 
54.070,35€
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

- Promover e divulgar os produtos que vende a Confraría de Pescadores de Ferrol co obxecto de mellorar a comercialización dos produtos, apostando pola calidade e imaxe de marca.

- Aumentar o consumo do produto da Confraría

- Promover o coidado do medio ambiente, reciclaxe e a alimentación saúdable

- Promover o consumo local e de proximidade

- Interactuar con outro participes do sector pesqueiro e actividades auxiliares colaborando coa restauración, hostelería e a administración para poñer en valor o produto da confraría e mellorar a imaxe corporativa

 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

- Incremento das vendas dos produtos da Confraría de Pescadores de Ferrol

- Divulgación dos produtos locais

- Conseguir unha marca comercial diferenciadora

- Manter os postos de traballo da Confraría, e crear emprego

- Atraer á mocidade ao sector pesqueiro

- Fomentar a cultura mariñeira e as tradicións como complemento ás actividades

Principais actividades do proxecto: 

- Campaña de Comunicación. Posta en valor dos produtos da ría

- Deseño e organización de stand, materiais promocionais, folletos, cartelerías e elementos decorativos

- Organización de Showcooking e degustación de produtos da ría de Ferrol (4 obradoiros prácticos cada ano: 2024, 2025 e 2026)

- Organización e xestión da participación en 3 feiras gastronómicas e turísticas: Salón Gastronómico "Xantar" (Ourense), Salón Turístico de Galicia "Turexpo" (Silleda) e Galicia Forúm Gastronómico (A Coruña)

 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.2. Conseguir un sector pesqueiro resilente onde as actividades marítimo-pesqueiras acaden un peso importante na actividade económica da zona costeira. Impulso a actuacións de mellora da imaxe e de comunicación das entidades do sector pesqueiro e acuícola.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)