Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proposta de resolución provisional Xunta Directiva GALP Golfo Ártabro Norte 2ª fase adxudicación axudas 2020

A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte en reunión celebrada o 29 de setembro de 2020 en Miño, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo na 2ª fase de adxudicación de axudas da Convocatoria 2020 para proxectos NON PRODUTIVOS, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019”.

Preme nos seguintes enlaces para ver as resolucións provisionais:

Certificado Xunta Directiva resolución provisional Convocatoria 2020

Anexo I. Proposta provisional Xunta Directiva NON PRODUTIVOS Convocatoria 2020

Esta proposta de resolución provisional de Xunta Directiva para proxectos non produtivos desta 2ª FASE DE ADXUDICACIÓN DE AXUDAS, non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto, estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito para proxectos non produtivos para esta 2ª fase de adxudicación de axudas da convocatoria 2020.

Outórgase un prazo de alegacións de 5 días hábiles contados dende a data da súa publicación no taboleiro de anuncios do GALP Golfo Ártabro Norte, que será o día 30 de setembro de 2020.