
O proxecto consiste na posta en valor dos resultados de execución do FEMP no reforzo da gobernanza nas zonas costeiras; no análise do impacto na Economía Azul, no desenvolvemento sustentable e no reforza da cohesión social nas zonas costeiras a partir do aprendido e das Boas Prácticas; así como no reforzo do papel do Sector Pesqueiro no liderado dos proxectos.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Obxectivo xeral:
Destacar a contribución dos GALP na aplicación do programa do FEMP, utilizando un enfoque participativo; resaltar a achega do programa no impulso de iniciativas ligadas ao crecemento azul, no desenvolvemento sustentable e no reforzo da cohesión social das zonas costeiras. Quérese fomentar a sinerxia entre iniciativas promovidas en diferentes zonas pesqueiras a través do traballo conxunto dos grupos e axentes locais, reforzando o papel do Sector Pesqueiro no liderado de proxectos.
Trátase de poñer de relevo e divulgar a importancia destes fondos, co apoio na interacción e coñecemento das iniciativas promovidas, compartindo diferentes visións de análise e valoración.
Obxectivos específicos:
-
Análise dos logros na aplicación das EDLP por parte dos GALP e os axentes territoriais, a contribución ao desenvolvemento da zona costeira e a promoción de iniciativas de crecemento azul, a contribución do Fondo nos cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas, e o impacto que supuxeron as acción desenvoltas no marco do programa.
-
Valorización cunha metodoloxía participativa o traballo dos GALP: experiencias de referencia que reforcen a Economía Azul no ámbito do programa de axudas e na Animación do programa e na Cooperación. Favorecer o coñecemento mutuo dos distintos proxectos entre as zonas costeiras.
-
Definir retos en base ás leccións aprendidas, tendo presente a mellora da Gobernanza vinculada á Economía Azul e a orientación cara ao futuro Pacto Verde. O sector será partícipe de maneira directa e participativa no seu propio futuro.
-
Aumento do posicionamento social dos GALP na zona costeira, poñendo de relevo a importancia e impacto que supuxo o FEMP nas economías locais e na xeración de emprego. Recolleranse de maneira interactiva as leccións aprendidas na xestión do fondo.
-
Síntese das boas prácticas na Economía Azul, que servirán para dar a coñecer e divulgar o apoio da Consellería do Mar e o FEMP, a través do modelo de gobernanza impulsado polos GALP. Estas iniciativas son a base da mostra itinerante na que se intercambiará información das diferentes experiencias e proxectos entre diferentes grupos.
-
Reflexión conxunta entre o Sector Pesqueiro e outros sectores, para definir os principais retos no ámbito galego de cara ao futuro período de fondos. Definirase, en base ás leccións aprendidas, unha visión global do litoral a través dun Acordo sobre os principais retos na promoción da Economía Azul e o desenvolvemento sustentable.
-
Análise documental dos proxectos levados a cabo no periodo 2014 – 2020
-
Constitución en cada GALP dun Grupo operativo de traballo que realizará unha selección de proxectos
-
Traballos de campo
-
Catálogo de Boas Prácticas
-
Parladoiros que favorezcan la interacción entre distintos agentes.
-
Bitácoras, como base para optimizar a xestión dos grupos e reforzar o efecto multiplicador dos seus traballos,
-
E outras actividades dirixidas á comunicación e divulgación do proxecto.
--
--
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)