Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Resolución de aprobación da modificación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do GALP Golfo Ártabro Norte

A Consellería do Mar, resolveu o 11 de febreiro de 2019 autorizar a modificación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, segundo a comunicación recibida neste GALP o día 12 de febreiro.

Polo que, para esta convocatoria 2019, da que remata o prazo de presentación de solicitudes o día 1 de marzo, deberánse ter en conta xa estas modificacións, no momento de tramitar a solicitude de axuda e demáis documentación necesaria.

As modificacións que se realizaron no Plan de Acción consistiron en introducir novas medidas e mellorar a definición dalgunhas das existentes simplificando e ordenando as liñas de actuación e obxectivos existentes, e ten como consecuencia facer que a EDLP sexa máis coherente coas posibilidades e necesidades detectadas na zona correspondente: NOVO PLAN DE ACCIÓN

No que respecta á modificación dos Criterios de Valoración, consistiron en introducir como criterios excluíntes que afectarían tanto a proxectos produtivos como non produtivos: a viabilidade técnica, a viabilidade económica e financeira, a coherencia do proxecto coa EDLP, e incluír parámetros máis detallados e que aporten obxectividade á valoración dos proxectos.: NOVOS CRITERIOS DE VALORACIÓN


A modificación do Plan de Financiamento tiña como finalidade a adecuación do financiamento ás novas medidas introducidas sen que se altere o financiamento dos obxectivos estratéxicos e específicos: NOVO PLAN DE FINANCIAMENTO


No que atinxe aos Indicadores de Resultados, adaptáronse en función do novo Plan de Acción: NOVOS INDICADORES DE RESULTADOS


Antecedentes:

En base á experiencia e resultados das últimas convocatorias (2016 e 2017), considerouse dende a Xunta Directiva deste GALP que era preciso realizar unha valoración exhaustiva de como se estaba a executar o fondo, e poder establecer así mecanismos de corrección e mellora que reforzaran os indicadores de efectividade, eficiencia, relevancia, utilidade e sostenibilidade, co obxecto final de ter o maior impacto no territorio de actuación. Motivo polo que dende este GALP en febreiro de 2018 solicitouse á Consellería do Mar realizar modificacións en aspectos puntuais da EDLP deste Grupo.

Con estas adecuacións na EDLP o que se pretendía era que esta Estratexia sexa o máis realista posible e que atendan ás inquedanzas e esixencias do seu territorio, sendo quen de poder dar o impulso que o territorio en xeral e o sector do mar en particular están a demandar dentro da súa proposta de futuro.

Por outra banda, tamén preténdese a necesidade de mellorar o grao de execución do programa de axudas en conxunto, sobre todo no que afecta aos investimentos de carácter produtivo. Con estes cambios agárdase incrementar os resultados e o impacto deste programa no territorio facendo especial fincapé na mellora do propio sector pesqueiro e do conxunto de entidades.

Estas melloras consistiron nun traballo de revisión e modificación da EDLP co obxecto de reordenar e actualizar determinados apartados da estratexia, co obxecto de reforzar o impacto do programa de axudas. 

Os apartados modificados foron os relativos aos seguintes capítulos da EDLP do Golfo Ártabro Norte:

  1. Plan de Acción, páxina 269 da EDLP.
  2. Plan de financiamento, páxina 387 da EDLP.
  3. Disposición de xestión no apartado relativo aos procedementos para a xestión do programa de axudas, páxina 406 da EDLP.
  4. Disposicións de seguimento e avaliación no apartado relativo aos indicadores de seguimento e avaliación, páxina 413 da EDLP.

A realización deste traballo tivo en conta as cláusulas establecidas no Convenio asinado entre esta entidade e a Consellería do Mar, para a aplicación da Estratexia de desenvolvemento Local Participativa no marco do desenvolvemento sostible das zonas de pesca do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

Incidir que estes documentos foron modificados, consensuados e definidos, tendo en conta as achegas do conxunto de axentes do territorio, que están involucradas e participan no bo funcionamento da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo no territorio.