Tal e como figuran nas bases para a provisión dunha praza de persoal auxiliar administrativo da Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Vigo – A Guarda, o día 3 xaneiro de 2025 realizouse na sede do GALP7 a entrevista ás sete persoas que acadaron maior puntuación na proba escrita. A continuación valoráronse os méritos das persoas participantes.
Os resultados foron os seguintes:
| 
 NIF Aspirante | Exame | Entrevista | Méritos | Total | 
| 35567657C | 16 | 3,33 | 4 | 23,33 | 
| 77005996H | 17 | 2,50 | 2 | 21,5 | 
| 36114990E | 16 | 2,25 | 4 | 22,25 | 
| 53190525N | 20 | 3,00 | 4 | 27 | 
| 53190888F | 13 | 2,50 | 4 | 19,5 | 
| 44482234G | 16 | 4,00 | 4 | 24 | 
| 36115635T | 15 | 2,25 | 4 | 21,25 | 
Á vista dos resultados, seleccionase para a contratación a persoa con NIF nº: 53190525N, por ser a persoa que acadou a maior puntuación, sumando as tres fases.
Para os supostos de quedar vacante por renuncia, baixa voluntaria, baixa por enfermidade, ausencia, suspensión legal do correspondente contrato, acumulación de tarefas ou outras causas, procederase pola Presidencia da Asociación GALP Ría de Vigo-A Guarda a realizar a contratación da bolsa de traballo que se constitúe co resto de persoas aspirantes que figuran na táboa anterior, por orde decrecente de puntuación.
Ábrese un período de alegacións de dous (2) días hábiles a contar dende o día seguinte á data de publicación da presente comunicación. En caso de non recibirse alegacións, esta puntuación convertese en definitiva.
https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/puntuacion-exame-entrevista-...
En Vigo, a 3 de xaneiro de 2025


