A Xunta Directiva do GALP A Mariña-Ortegal en xuntanza celebrada o día 5 de Maio de 2025, vista a proposta de resolución provisional do Equipo Técnico do GALP seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “ ORDE do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2025 (código de procedemento PE155A)” aprobou PROPOSTA DE RESOLUCIÓN PROVISIONAL para os proxectos presentados ao abeiro da citada Orde de Axudas, que pode consultarse no seguinte ficheiro:
Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina de dito GALP e non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos.
Tal e como se reflicte no artigo 20.1 da Orde do 12 de febreiro de 2025 da Consellería do Mar, outorgase un prazo de alegacións contra esta resolución de 10 días hábiles computados dende a data da súa publicación
No caso de non haber alegacións no prazo indicado, esta proposta pasará a ser definitiva, de conformidade co artigo 20.2 da Orde de Axudas, non creando a proposta definitiva ningún dereito a favor dos solicitantes propostos.

