Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Selección e contratación de persoal para o posto de xerente do GALP Golfo Ártabro Norte

O GALP Golfo Ártabro Norte debe contar co persoal necesario con formación e capacidade para a realización das funcións que ten encomendadas como entidade colaboradora da Consellería do Mar na xestión da EDLP do GALP no período FEMPA 2021-2027.  A cláusula 17ª do Convenio de colaboración asinado coa Consellería do Mar establece as características e condicións do persoal do GALP e a súa selección e recolle que unha das persoas será a persoa encargada da xerencia.

A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte en sesión celebrada o 2 de agosto de 2023 aprobou as bases reguladoras da selección e a convocatoria para a contratación dun/ha XERENTE da Asociación Grupo de Acción Local Golfo Ártabro Norte onde están recollidas as condicións e requisitos necesarios e que pódense consultar na seguinte ligazón:

BASES DE SELECCIÓN E PROCEDEMENTO 

O obxecto desta convocatoria é a selección e contratación laboral da persoa que desempeñará o posto de XERENTE do GALP Golfo Ártabro Norte na xestión da Estratexia do Grupo no marco do FEMPA.

A selección farase tendo en conta os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade da convocatoria.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O 9 DE AGOSTO ATA O 30 DE AGOSTO DE 2023 (AMBOS INCLUSIVE)

As solicitudes poderán presentarse ben de forma presencial na sede do GALP de luns a venres de 9.00 a 14.00 h, ben por correo ordinario certificado ao rexistro do GALP, en sobre pechado na oficina do GALP (neste último caso, deberá enviarse un correo electrónico antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes, indicando que se enviou a documentación por correo certificado e copia do documento acreditativo do envío): Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro GOLFO ARTABRO NORTE. Rúa Curro, 33 (Casa do Pescador), 15630 Miño. Teléfono 981 784 417

 

 

 

 

Páxinas

Publicado: 26/01/2024

O GALP Golfo Ártabro Norte debe contar co persoal necesario con formación e capacidade para a realización das funcións que ten encomendadas como entidade colaboradora da Consellería do Mar na xestión da EDLP do GALP no período FEMPA 2021-2027. A cláusula 17ª do Convenio de colaboración establece as características e condicións do persoal do GALP e a súa selección e recolle que o equipo técnico estará formado por a xerencia, persoal técnico e persoal administrativo.

Publicado: 19/01/2024

Unha vez transcorrido o prazo de alegacións (2 días hábiles) sen terse presentado reclamacións, elevase a proposta da Comisión de Seleccion do GALP A Mariña-Ortegal a definitiva,no enlace seguinte:

Publicado: 08/01/2024

Transcorrido o prazo de alegacións aos resultados publicados,  publícanse os Resultados definitivos acadados polas persoas que superaron as dúas fases anteriores do procedemento de selección e convócase ás mesma na realización da Entrevista Persoal o venres 12 de xaneiro de 2024 na sede do GALP A...

Publicado: 27/12/2023

Unha vez transcorrido o prazo de alegacións aos resultados publicados, e non habéndose producido alegacións á proba escrita celebrada o 20 de decembro de 2023, publícanse os Resultados definitivos acadados na Primeira Fase do procedemento de selección (FASE 1ª.- Proba Escrita)...

Páxinas