
Casa Beade, S.L. é unha empresa de carácter familiar constituída no ano 1995, que con este proxecto pretende poñer en marcha unha taberna gastronómica no Concello de Paderne, aproveitando as instalacións que viñan funcionando como café-bar, onde ofrecerá aos potenciais clientes menús de fusión mariñeira con peixes e mariscos á carta; menús degustación e celebración de banquetes de reducida dimensión, tanto de carácter familiar (comunións, bautizos e/ou comidas familiares) como de empresa.
Esta iniciativa está enfocada ao impulso dunha casa de comidas mariñeira orientada a dotar ao pobo costeiro de Paderne dun servizo turístico que pretende mellorar a calidade dos servizos de restauración existentes na zona a través dun novo concepto de hostalería que vincula a restauración especializada en cociña de fusión mariñeira cunha bodega de elaboración de viños propios e locais coa IXP Betanzos axustadas ás demandas propias do turismo.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Impulsar un novo concepto de servizo turístico que non existe no territorio, o que permitirá mellorar as prestacións da zona de Paderne, que conta cuns recursos naturais de gran calidade.
Xerar actividades alternativas de negocio non estacionais que permitan incrementar a competitividade do proxecto durante todo o ano
Mellorar a experiencia gastronómica, principalmente con produtos pesqueiros locais, dispoñible no ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte
Acadar sinerxias entre as actividades pesqueiras e o sector vitícola de Paderne
Creación e mantemento de emprego nos municipios costeiros do GALP Golfo Ártabro Norte
Xerar emprego estable e de calidade a través de empregos directos mantidos e creados.
Xerar sinerxias con outras empresas do territorio (servizos de ocio para turismo, pesca artesanal sostible, recursos pesqueiros da zona....)
Colaboración coas Confrarías de Pescadores na promoción do produto local pesqueiro e marisqueiro do territorio
Apoio aos servizos no "Camiño Inglés" dende Ferrol
Potenciar a actividade de restauración con xornadas gastronómicas
Traballar con produtos pesqueiros 100% locais
Equipamento para cociña (forno e soporte; plancha; campana extractora e mesa de traballo)
Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovacion e o fomento do emprego
Converter o turismo e o propio turismo mariñeiro, en particular, nun novo motor económico no territorio.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)