Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Taller de emprendedores no GALP Golfo Ártabro Norte

Na xornada realizada o pasado 10 de decembro, de Taller de Emprendedores, acolleu a 11 participantes, entre os cales podería saír algún proxecto a presentar nunha vindeira convocatoria do Programa FEMP 2014-2020. Tamén informouse dos trámites desta subvención da que remata o prazo de presentación de solicitudes o 1 de marzo de 2021.

O taller, impartido pola empresa Califica, buscaba que as persoas participantes cunha intención de emprender, aprendesen a metodoloxía para pensar e deseñar ideas de negocio.

A base do taller foi o Lenzo do Modelo de Negocio, de Alexander Osterwalder, que é unha plantilla de xestión estratéxica, que permite desenvolver novos modelos de negocio, ou redefinir os existentes. Actualmente é un dos métodos máis empregados no mundo do emprendemento para sintetizar ideas de negocio.

Visualmente e dun modo sinxelo, puideron identificar o produto ou servizo que van a ofrecer, como punto central, que é a “proposta de valor”, e que forma parte da plantilla que se divide en 9 espazos e, a partir de aí, identificar e definir clientes, a relación cos mesmos, canles, socios, actividades, recursos e unhas contas básicas de ingresos e gastos.

Dividiuse a xornada, de 8 horas de duración, en dúas sesións de 4 horas, mañá e tarde, deixando para a tarde principalmente as cuestións de índole económica.

A maioría dos participantes acudiron con ideas de negocio, que puideron plasmar sobre o lenzo do modelo de negocio, e contrastar a solidez das mesmas, e os que non tiñan concretado a súa idea, aprenderon o método para comezar coa proposta de valor e dar forma ao resto da idea.