venres, 14 de Xuño de 2019 - 11:06

O pasado mércores día 12 de xuño membros da nosa Xunta Directiva e socios das 6 Confrarías de Pescadores visitaron diversos proxectos #FEMP na Ría de #Arousa, co obxecto de ver o funcionamento doutros GALP galegos, así como un proceso de recollida de ideas vinculadas para o sector pesqueiro e marisqueiro para o noso territorio, de cara a presentar subvencións #FEMP en vindeiras convocatorias.
Agradecer a boa acollida por parte do persoal técnico do GALP Ría de Arousa; así como de todas as persoas que nos foron recibindo en cada unha das iniciativas visitadas, e que dedicaron o seu tempo en explicarnos os seus proxectos:
- Confraría de Pescadores de O #Grove - #Lonxanatur
- Guimatur #Cambados
- Cofradia Pescadores #Cambados
- benboa
- Mariscos Camino S.L.. en #Boiro

