Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Xa está publicada a Guía de Confrarías do ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte

Guías de Confrarías de Pescadores

O pasado mes de decembro presentouse oficialmente  A «Guía de Confrarías«, editada polo GALP Golfo Ártabro Norte dentro das súas actividades de animación e divulgación financiadas polo Programa FEMP na anualidade do 2019, repartíndose 2500 exemplares entre as agrupacións de Ares, Barallobre, Ferrol, Miño, Mugardos e Pontedeume.

Esta guía recolle información práctica sobre cada unha destas entidades: número de socios, xunta directiva, dirección postal, redes sociais, especies ofertas e venta directa (actualmente ofertan este servizo as Confrarías de Pescadores de Barallobre e Ferrol).

No reverso da publicación, están incluídas receitas para cociñas ameixas á mariñeira e vieiras á galega, así como algúns consellos sobre os tempos de cocción do marisco.

Esta publicación conta tamén con datos de interese sobre as axudas FEMP 2014-2020 que tramita o GALP Golfo Ártabro Norte para o seu territorio ao respecto de presentación de solicitudes, tipoloxía de beneficiarios e proxectos.....

Para ver esta guía completa, preme AQUÍ