Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

XORNADAS DE ATENCIÓN NAS CONFRARÍAS E AGRUPACIÓNS DE MARISCADORES

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Costa da Morte ten previsto facer unhas Xornadas de Atención nas Confrarías e Agrupacións de Mariscadores do seu ámbito territorial. O territorio do Galp Costa da Morte, comprende os Concellos de A Laracha, Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Laxe, Vimianzo, Camariñas e Muxía.

Nestas xornada o Equipo Técnico do GALP Costa da Morte atenderá particularmente a todas as persoas que estean interesadas en informarse das Axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, dirixidas principalmente a xente do mar, emprendedores, hostaleiros, sectores auxiliares da pesca e actividades vinculadas ao Mar e Litoral.

As Xornada de Atención que se levarán a cabo esta semana son:

Mércores 19, de 10:00 a 13:00 horas, na Casa das Mariscadoras Río Anllóns, en Cabana de Bergantiños.

Xoves 20, de 16:00 a 19:00 horas, na Confraría de Pescadores de Camelle, en Camelle-Camariñas.

Venres 21, de 16:00 a 19:00 horas, na Confraría de Pescadores de Muxía, en Muxía.

Para a seguinte semana, tamén se farán xornadas nas Confrarías de Caión, Malpica, Laxe.